Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

XIRA PORTUGAL/GALIZA. SANTA LIBERDADE: UXÍA CANTA ABRIL.

Uxía traerá un repertorio cheo de sabores e cores, luminoso e mestizo, froito do camiño nos seus case 40 anos de carreira nos que renovou a música galega conectándoa coas culturas atlánticas. Ademais dos seus últimos traballos tamén se aproximará á música tradicional da Galiza e Portugal e fará unha nova lectura da rica obra de José Afonso, un exemplo e un modelo de como combinar as raíces e unha linguaxe propia, o compromiso e a beleza, o lirismo e o social. Tamén inclúe no repertorio o “Cantar Galego ao Zeca”, tema inédito que homenaxea ao autor de “Grândola, Vila Morena” e quere expresar o amor eterno da nosa terra ao xenial cantautor portugués.

Conmemorando os 50 anos da Revolución dos Cravos recupera algunhas das cancións máis representativas das autoras e autores que foron a B.S.O naquela altura. Tamén aporta temas propios sobre poemas de Sophia de Mello Bryner ou algún tema inédito e a súa relación coa terra galega e un poema que conta a historia do transatlántico Santa Liberdade, a aventura romántica que uniu a galegos e portugueses para denunciar as dictaduras de Franco e Salazar. Fará algúns concertos coa súa formación habitual de cuarteto e outros acompañada dos grandes cantautores Luis Pastor e João Afonso para reforzar a idea da Terra da Fraternidade que o Grândola propoñía. Seguide a pista da xira:

Uxía cuarteto
Sérgio Tannus: guitarra, viola caipira e dirección musical
Santi Cribeiro: acordeó
Isaac Palacín: percusión

Galiza / Portugal.

TODA A INFO aquí.
50 anos dun soño compartido.
A Revolução dos cravos.
Revolución dos caraveis!

LINK ENTRADAS
abaixo

Datas:
20 abril
🌺GUARDA (Portugal)
Uxía cuarteto
Teatro Municipal. 21:30

21 abril
🌺SANTO TIRSO
Uxía Cuarteto
Nave Cultural da Fábrica de Santo Thyrso, 18:30
entrada livre.

24 abril
🌺CAMINHA
Uxía cuarteto
Cineteatro
Vila Praia de Âncora, 21h30

25 de abril
🌺CALDAS DA RAINHA
Luis Pastor+ Uxía+João Afonso
Organiza: AJA Caldas
Centro de Congressos.

26 abril
🌺COIMBRA
Uxía e Luis Pastor
Anozero – Bienal de Arte Contemporânea
Mosteiro de Santa Clara-a-Nova;
19h. Entrada Livre
Convidadas especiais: Manuel Rocha (Brigada Víctor Jara) e Coro das Mulheres da Fábrica

27 abril
🌺ILLA DE AROUSA
Uxía+Luis Pastor+ Couple Coffee
Convidadas especiais:
As Lembranzas

28 abril
🌺SALVATERRA DO MINHO
Uxía+Luis Pastor+João Afonso
Casa da Cultura. 18:30
Salvaterra do Minho.
Sociedade CDC

Luis Pastor
Lourdes Guerra
João Afonso
Sérgio Tannus
Santi Cribeiro
Isaac Palacin
Couple Coffee
Luanda Cozetti
Norton Daiello
As Lembranzas
Coro das Mulheres da Fábrica
@Son:
Roberto Ledesma Sound
Produción:
Conchi Carro
Nucleo AJA Caldas da Rainha

Fotos: Isabel Leal, Kim Manresa

LINK BILHETES
CALDAS DA RAINHA

https://ccc.bol.pt/Comprar/Bilhetes/135135-musica_concerto_25_de_abril-centro_cultural_e_congressos_caldas_da_rainha/Sessoes

Venda de entradas
ILLA DE AROUSA
Bar Museo (ao lado do Auditorio) e na Administración de Lotería)
Reservas:
lauracastro@ailladearousa.gal

Link entradas
GUARDA
https://ccc.bol.pt/Comprar/Bilhetes/135135-musica_concerto_25_de_abril-centro_cultural_e_congressos_caldas_da_rainha/Sessoes

ENTRADAS
Salvaterra do Minho
Casa da Cultura. 18:30
Venda anticipada
Vagalume Café Concerto
655 477 132
15 euros
12 euros para socias da SDC

#25deabril
#50anosdarevoluçaodoscravos