Dicía David Bowie que Little Richard era a figura máis influente na música do século XX. A súa influenza sobor os Beatles, Rolling Stones ou o propio Bowie, é reconhecida por iles mesmos, e non só referíase á música, o look de Prince? De onde credes que saíu? Aquiles traxes recargados do Glam. O primeiro en quitarse a camisola tocando. James Brown e Jimmy Hendrix tocaron na súa banda e no 1962, na súa primeira gran xeira por Inglaterra, os seus concertos convertíanse en autenticas batallas campais entre a policía e os xovenes rapaces británicos, que se voltavan completamente tolos coa súa musica, arrincando as cadeiras das salas de concertos, todo iso 15 anos denantes de que chegase o Punk. Little Richard era o Punk denantes de que existise o Punk, Little Richard era o Rock”N”Roll, Little Richard é un deus niste lar. Negro, Homosexual e cunha discapacidade na perna no sul profundo, na America dos 50’s, tivo que aturar que os seus éxitos vendesen máis discos cantados por brancos coma Elvis ou o risíbel Pat Boone. Little Richard é a figura máis influente da música no século XX, por iso a nos gostanos desfechar con il a cotío e lembrar a súa historia ou contala a quen chega novo ou nova. Hoxe, “Dancing All Around The World”. Viva Little Richard!!!
Drunk-O-Rama Cafe Bar
Tradución ao galego ceive da man de Rubém Novo.
PREME NA LIGAZÓN:
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1536732073786650&set=p.1536732073786650&type=3
UNHA ACHEGA DE Carlos Herndz

