Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
VINÍCIUS DE MORAES (María Creuza, Toquinho)
Na Fusa (1970).
Aínda que, polo título e os aprausos entre cancións, iste disco puidese parecer un disco ao vivo, a verdade é que gravouse en estudo. O proxecto facer un concerto (os aprausos som do que deron no café-teatro “A Fusa” de Bos Ares), mais, pra evitar distorsións e “vestir mellor a múseca”, engadiron a dous arxentinos: Mario “Mojarra” Fernández ao baixo e Enrique “Zurdo” (N,traduc. Manicho) Roizner á batería.
Por entón Vinicius, que foi —amais de múseco— poeta, cineasta e diplomático, xa tiña sesenta e un anos e unha longa e exitosa carreira. A prodixiosa voz de María Creuza, de vinte e seis anos, era a acompañante ideal do mestre. Toquinho só tinha vinte e catro mais xa era un dos guitarristas sobranceiros da múseca brasileira.
O froito foi un dos discos máis populares da múseca brasileira, porque tódalas cancións son crásicos da Bossa nova e istán executados   maxistralmente.
Unha curiosidade: Sócrates e Vinícius son os nomes de dous futbolistas moito máis populares que os seus homónimos devanceiros (o filósofo e o múseco), coa diferenza de que os primeiros transcorreran despercebidos pra a historia polo van das súas vidas.
COMENTAS FACEBOOK.

Frank Astro

É un disco (ou discos se xuntamos o outro na Fusa con María Bethania) curioso. María Creuza perdeuse pouco/pouco despois e non fixo moito máis significativo, ao envés  que Bethania. Góstame moito máis, con todo, este que o de María Bethania e paréceme máis crásico e máis bonito. Sendo un gran disco (os dous sono) é o típico que lle vén á xente á testa cando falas de múseca brasileira. Creo que a min ocorreríanme unha trintena
(mínimo) de discos do Brasil, sen pensares moito e de corrido, moitos máis interesantes e significativos que os de “A Fusa”. Sempre digo que Brasil é un continente de múseca ( e de múseca incríbel) e seguramente fique curto. Grande disco e grande post .

Pepe Chas

Frank Astro Brasil é un factoría de músecos eternos. Entendo que haxa xente que non necesite outro tipo de múseca. Reconhezo que eiquí só som un turista…sen billete de volta.
certamente. A maior tristura é que se estendeu unha onda de alcatrán chamado certiño (máis ou menos) que é un fedor e invádeo todo.
A paródia que Les Luthiers fan de Vinicius e Toquinho (na súa versión, Lampinho) é antolóxica. En canto a Sócrates, o futbolista, creo que o bautizaron así en honra ao filósofo por uns pais instruídos. Il, á marxe de xogar un fútbol preguiceiro e elegante, tamén era un home moi cultivado (pra os estándares da profesión) e empoleirouse en canta causa social puido, tamén economicamente.
Camilo de Ory coñezo a versión de Les Luthiers (creo que coñezo todo deles/deles). Agradézoche a aclaración respecto do futbolista Sócrates; só sabía que tinha un pé cativo pra a súa altura e que xogaba moi ben de taco. Reconhezo que a minha comenta sae do meu desprezo absoluto polo fútbol; endexamais poderei comprender unha contenda na que os adversarios están de acordo nos principios.
Sen dúbida Vinicius de Moraes é un dos piares indiscutíbeis da Bossa nova. Ao longo da súa carreira musecal compuxo centos de cancións, ás veces en soitario e outras en “parceria” con outros artistas que desempenharon un papel fundamental na traxectoria musecal do “poetinha”. Tom Jobim e Vinicius de Moraes formaron, nos anos 50, unha das parellas musecais máis famosas de tódolos tempos. Autores de múltipeis cancións interpretadas polas xeracións posteriores, algunhas das cales atópanse rexistradas neste disco A Felicidade, Garota de Ipanema, Eu sei que vou amarte… Cabe destacar tamén o traballo que realizou en conxunto con Baden Powell nos 60. Despois dun feche de tres meses no lar de Vinicius (período no que se beberon a metade da produción de Escocia) saíron á rúa con 25 cancións entre ilas Berimbau e Canto de Ossanha, tamén engadidas eiquí. Iste disco recolle amais un tema composto en colaboura con Carlos Lyra, que contando con 25 anos de idade, chamou a Vinicius co tento de, talvez, componher algo xuntos. Desta chamada xurdiron unha insondábel amizade e máis de 20 cancións. A lista de compañeiros artísticos de Vinicius é bastante longa e fecunda: Pixinguinha, Ary Barroso, Edu Lobo, Joao Bosco… e Mozo Buarque , a través do cal conheceu a Toquinho en Italia. Naquil entón Toquinho tinha 23 anos e acompañou a Vinicius durante a súa etapa máis popular de público e ata a súa morte. Xuntos fixeron múltipeis shows e máis de 15 discos. Pra María Creuza participar neste proxecto supuxo un grande pulo na súa carreira e segundo as súas propias verbas, ista experiencia modificou a súa forma de cantare. ” Eu tiña unha maneira de cantare máis cara a fóra, máis forte, porque son baiana e aí hai unha tradición de ritmos africáns, con tambores. Mais a bossa nova require algo máis íntimo, máis marmurado, coma o facía Joao Gilberto. Eu comecei entón a facelo así.” Pra a gravación do segundo disco, previsto que tamén cantase ila mais non é posíbel porque ía ser nai. Por iso é polo que no seguinte disco estea María Bethânia mais isa xa é outra historia.
Moitas grazas pola comenta, Marga. É unha información valiosísima pra entender o “fenómeno” da Bossa nova.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE POR RUBEM NOVO.

MÁIS COMENTAS FACEBOOK: