Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

A SOIDADE PIDE COPAS NOS BARES – NOVO CD
Víctor Aneiros, edita un novo disco, o séptimo da súa discografía oficial, e o bautiza co inequívoco título de A soidade pide copas nos bares.

Edita, unha vez máis, o selo vasco Gaztelupeko Hotsak, que xa tén no seu catálogo cinco discos do músico de Ferrol.

Son versións acústicas tiradas de tres discos anteriores, O blues do amencer ( 2004 ), Heroe secreto ( 2008 ) e Brétemas da memoria ( 2010 ). Xuntas, na súa nova forma acústica -pero en absoluto desenchufadas– as pezas compoñen un sublime fresco arredor da melancolía.

As versións de Miña bala perdidaVida bohemiaUn tute á morte e Autor de westerns cobran novos significados nos solos da guitarra clara, limpa, espida de Aneiros. E medran tamén en intensidade, coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista: Fran Rey, que mantén fermosos diálogos bohemios, casi parisiens, co seu acordeón. É un duelo amistoso, parolado con profunda sinxeleza, fronte á guitarra de Aneiros.

Nesta época de pensamentos únicos e dóciles, esquecer -para non sentirse estranxeiro- é o que quere a maioría. Pero A soidade pide copas nos bares propón todo o contrario, e bota unha arrolladora ollada nostálxica sobre todo o que perdimos.

“Autor de westerns”, novo videoclip de Víctor Aneiros.

O tema está incluído no seu último disco e sétimo da súa carreira “A soidade pide copas nos bares”.
Rodado no antigo cine de San Sadurniño (A Coruña) -actualmente, Café Dzine- o pasado 21 de xullo.
Realizado por Simón Vázquez é unha homenaxe, que pretende evocar, a través da luz, o lugar, a música e a poesía o cine do xenero western e en concreto unha evocación tenra e apaixoada do célebre director John Ford condensado na canción, esto é: a  estirpe de errante irlandés que bebía por dous ou tres, un furioso poeta  próximo á xentiña común pero prisioneiro dun fado terrible que procuraba refuxio no bar imaxinario de Monumental Valley.