VAI de BAILE FESTIVAL
Danza en Espazos Urbanos
1 e 2 de Xullo – Ferrol
O Concello de Ferrol organiza a primeira edición desta actividade que vai levar a danza, nas súas distintas linguaxes, a distintos barrios da cidade, ocupando prazas e lugares singulares.
Nace coma colofón ás actividades relacionadas coa danza e as artes do movemento realizadas durante o primeiro semestre, e coma antesala das actividades do segundo, unha fin de semana dedicada a “sacar” a danza do seu espazo de comodidade –o escenario- e levala aos espazos urbanos e a lugares non habituais. Buscando ao público no seu medio e propoñendo novas experiencias.
PROGRAMA
VENRES 1 XULLO
19:00h – Paxareira do Cantón – “Baile para mi bitch” /Tiger Monster RAVE / Galiza – Andalucía
——————————————————————-
SÁBADO 2 XULLO
12:00h – Praza do Inferniño – Sesións Sábado IMPRO
13:00h – C. Cívico de Caranza – Sesións Sábado IMPRO
19:00h – Baluarte de Canido – “Nu2” / Zuk Dance / Madrid
19:20h – Xardín do C.Torrente Ballester – “Power Soul” / Raúl Martínez / O Salvador
19:30h – Xardín do C.Torrente Ballester – “Ehiza” / Hector Plaza & Agnes Sales / Cataluña
20:00h – Parque Raiña Sofía – XXº Encontro Internacional Club Esquío
20:00h – Parque Raiña Sofía – “Danzando” / DanyZoo / Andalucía
20:00h – Parque Raiña Sofía – “blondy´s caffe” / Entremans / Galiza
20:45h – Praza Vella – “Sordito” / Gabriel Rodríguez / Costa Rica
20:45h – Praza Vella – “Nur” / Iron Skull Co. / Cataluña
21:15h – ITINERANTE da Pz. Vella ao Cantón de Molíns – “Felices” / Tiger Monster RAVE / Galiza – Andalucía
21:45h – ExpoNAV – “Calvario” / Cristina Montero / Galiza
23:00h – Patio do C.T. Ballester – “Give It a Spin” / Pisando Ovos / Galiza
23:30h – Patio do C.T. Ballester – “Jass Procesor” / Baile de Doce / Dj