COMUNICADO DE DESPEDIDA
Con moita emoción e respecto polo vivido, poñemos punto e final a SANDFORD MUSIC FACTORY.
Despois dun camiño que comezou no ano 2004, ao longo de todos estes anos converteuse en moito máis ca un grupo musical: foi unha familia, unha escola, un refuxio e unha maneira de entender a música e a vida.
Queremos dar as grazas, de corazón, a todas as persoas que formaron parte do grupo ao longo deste camiño. Cada etapa e cada experiencia fixeron posible que SANDFORD MUSIC FACTORY sexa o que foi. Grazas aos amig@s e ás familias, por estar sempre aí, por crer neste proxecto e por apoiarnos sen condicións. E grazas a vós, ao público, por escoitarnos, acompañarnos nos concertos e darlle sentido a todo isto durante tantos anos.
Hoxe despedímonos con moita tristura, pero tamén cun enorme orgullo polo camiño percorrido. Esta etapa péchase, pero todo o vivido queda con nós para sempre.
Grazas por formar parte desta historia.
Sempre SANDFORD MUSIC FACTORY.

