UNHA FESTA POLA REPÚBLICA E MOITO MÁIS:
TRABALLO INFORMATIVO E EDUCATIVO
O mércores, 19 de xuño ás 20 horas no Campo da Leña (praza España) da Coruña imos celebrar unha gran FESTA POLA REPÚBLICA coas actuacións de:
Grupo Ozáns, Xosé Taboada, Paco Campos, Tombalobos Orquestra, Grupo Parabéns, Mini.
A escritora Beatriz Maceda e o escritor Henrique Rabuñal lerán uns textos sobre a República; o músico, escritor e artista Xurxo Souto presentará o festival.
Pero vai ser moito máis que unha festa porque estamos a facer un traballo informativo e educativo para conseguir un futuro republicano. Por iso na festa aparecerán unas pancartas cos textos que axuntamos.
– Explicaremos que temos unha monarquía herdeira do franquismo, corrupta e que non foi elixida polo pobo como forma de Estado.
– Imos recuperar a memoria histórica, que A Coruña sempre foi republicana; que aquí non houbo guerra civil, senón un xenocidio; homenaxearemos a quen foron asasinados defendendo a democracia e a república.
– Benvida sexa a República, tamén en 2024. Lembraremos que en 1931 “La proclamación de la República suscitó general entusiasmo popular”, como titulaba a crónica de La Voz de Galicia de 15 de abril de 1931.
– Lembraremos a intervención do escritor Manuel Rivas na manifestación da Coruña o 19 de xuño de 2014: “A soberanía reside no pobo e temos dereito a decidir”.
Moitas grazas pola vosa colaboración na difusión deste traballo educativo.
