“Ergo a miña voz por un mar da Coruña libertario”
Son Xosé Iglesias, (fun veciño do Castrillón) agora da Pastoriza, mariñeiro e poeta. Fago parte da candidatura do BNG ás municipais da Coruña como número 9 da lista.
Dende os nove anos sempre co océano como horizonte laboral, herdando toda a xenética que vinculou os meus antepasados a este medio. Agora xa van atrás 15 anos a bordo do meu pesqueiro de baixura o “Primeiro Villar”. Anos moi satisfactorios profesionalmente, pero coa tristura de comprobar en directo como se intenta por parte da administracíon romper este equilibrio xeracional home-mar. Inclusión dos nosos barcos dentro de un réxime de cuotas ridículas. Aposta clara por unha acuicultura intensiva que non é acorde o noso mar. Peche total a cidadanía de un Muro que foi a primeira porta de entrada a cidade…
Por todo esto e por moito máis ergo a miña voz por un mar da Coruña libertario.
#mar #Coruña #mariñeiros #pesca #lonxe #porto#pesca Francisco Jorquera Caselas Avia Veira González Mercedes Queixas Zas Xose Iglesias Ana Miranda Ricardo Vales