Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Compañía teatral infantil especializada no fomento da lectura desde 1992.

https://www.facebook.com/trinketrinke.teatro

QUERÉMOLA PAZ! NAS BIBL. MUNICIPAIS da CORUÑA, DO 22 AO 30 DE XANEIRO.
A ratiña Faifá (Nadia Hariri) vive en Lonxedetodo, aldea dos ratos e ratiñas de biblioteca, desde hai pouco tempo. Antes vivía nun país chamado  Palmira, mais tivo que fuxir de alí cos seus pais a causa da guerra. Despois dunha longa e dura viaxe atoparon novamente unha vida en paz mais viven co desexo de poderen retornar algún día á súa casa. No seu encontro cos nenos e nenas a ratiña Faifá falará do seu país de orixe, das súas costumes, do feliz que era até que chegou a guerra. Á ratiña Faifá encántalle bailar tanto como os contos. A danza e os contos axúdanlle a expresar os seus sentimentos e a botar fóra a dor da  traumática experiencia vivida. 

 Semella fundamental que os nenos e nenas sexan educados atendendo á importancia de valores como a xustiza, o respecto mutuo e a tolerancia, que son alicerces da paz, e adquiran ferramentas para a resolución pacífica de conflitos. É necesario que, dunha maneira coidadosa, os nenos e as nenas coñezan a realidade da guerra e os danos que causa, para que a teñan en consideración e aprendan a rexeitar a violencia en calquera escala que esta se produza.