Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

En maio do 2008, Mirari e Larraitz Urruzola, despois de máis de 20 anos de traxectoria na produción de espectáculos de títeres de diversas técnicas de manipulación, para público infantil, forman a compañía de Títeres Babaluva.

Tanto nos seus espectáculos como nos obradoiros que imparten planifican as estratexias innovando estéticas e contidos co fin de animar á lectura, recuperar a tradición oral, divulgar coñecementos científicos, sensibilizar sobre a situación ambiental, fomentar actitudes de respecto á diversidade, formar individuos, construír sociedades tolerantes e sustentables. Nos seus proxectos fan visible o traballo de mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas.

Mulleres e homes todos/as implicados/as en crear emocións, cidadáns sensibles na divulgación de valores de cooperación, respecto e compromiso social desde as linguaxes particulares das súas creacións. Despois de investigar diversas técnicas de manipulación especialízanse na técnica de títeres de mesa e obxectos, onde o traballo de manipulación faise á vista, creando diálogo entre actriz-títere-público-actriz. Isto ofrécelles versatilidade á hora de crear personaxes e dinámicas de interrelación co espectador.

​Como docentes ofrecen diversos obradoiros de expresión e creación artística, combinando nas propostas o teatro, as artes plásticas e a música como ferramentas para a formación integral do individuo que favorecen e potencian a imaxinación, a creatividade, a sensibilidade artística e o espíritu crítico.​

“TITA, un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional” · Promo

Un espectáculo teatral de TEATRO BABALUVA sobre a intelixencia emocional, con dúas actrices e manipuladoras de monicreques e obxectos, dirixida ao público infantil.

Ficha artística:

Actrices titiriteiras: Mirari Urruzola e Larraitz Urruzola
Autoría: Lucho Penabade
Dirección: Nekane Fernández e Lucho Penabade
Espazo sonoro: Merran Laginestra
Construción de monicreques: Mirari Urruzola e Ramsés Romero
Escenografía: Mirari Urruzola
Estrutura: Pepe Penabade
Foto e vídeo: Adrian Cunha “Pixelín Photo”
Deseño gráfico: Celia Pía
Produción: Teatro Babaluva www.babaluva.com

Ficha técnica:

Duración: 50 min. aprox.

Público: familiar · recom. +4

Técnica: teatro de títeres e actrices

OUTROS ESPÉCTACULOS.

LUME

Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais)

Nun bosque onde vivían moitos animáis  algo pasou que fixo ladrar ao can….

Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio.

O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi  buscar ao moucho que avisou á araña.  A araña viu ao ourizo , o sapo alertou á garza  que estaba comendo miñocas.  A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron  a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

​Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nenas e nenos de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía , a música e as artes plásticas.

  • Público: Familiar/Infantil,  Recomendado  de 2 a 8 anos

  • Duración: 45 minutos

  • Tempo de montaxe e desmontaxe: 1h 30minutos

  • Medidas:  Ancho 6m/ Fondo 3m/Alto 2,30m

  • Adaptable a calquera espazo escénico con toma de corrente 220 V.

  • Dirección artística: Mariza Basso (Brasil)

  • Dramaturxia e dirección de escea: Santi Prego (Galicia)

  • Produción executiva e artística: Teatro Babaluva

  • Titiriteiras:  Larraitz e Mirari Urruzola (Euskadi/Galicia)

  • Deseño e construción de títeres e escenografía: Mariza Basso Teatro de Formas Animadas/Teatro Babaluva

  • Composición da banda sonora:  Merran Laginestra (Australia)

  • Fotografía: Clara Miguelez (Galicia)

  • Costura: Rosario Sampedro (Galicia)

  • Colaboracións: Pepe Penabade, Lucho Penabade, Comercial Grupo Anaya/Xerais, Xurxo Seara, Ramsés Romero, Son Directo, Pepe Escudero, Pepe San Luís.

  • Cama e conto
  • En «Cama e Conto» trátase o paso do tempo como temática  central desde unha visión  optimista e pegada á realidade máis cotiá.

    Unha peza teatral sobre a importancia da lectura e das relacións humanas.

    A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos  como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables.

    Hoxe Malva e a sua nai xúntanse para limpar a casa onde vivían hai tempo, namentras recollen os obxectos da habitación, lembran aqueles días nos que Malva devecía por que a súa nai lle lera un conto antes de ir durmir. Con esas historias viaxaban ata un mundo de fantasía onde todo era posible. Pero des que Malva aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non houbo «cama e conto» ata que … a nena discorreu unha idea bomba.

    ​Público: Familiar/infantil, recomendado de  4 a 12 anos​​

    • ​Duración: 45 min​​

    • ​Tempo de montaxe e desmontaxe: 2h​​

    • ​Medidas: Ancho 8m/Fondo 4m/Alto 2,30m​​

    • ​Adaptable a calquera espazo escénico con toma de corrente 220V.

    • Autor: Gonzalo Moure Trenor.

    • Adaptación e tradución: Gabriel Penabade Outeiro.

    • Dirección: Santi Prego

    • Titiriteiras e Actrices: Mirari e Larraitz Urruzola

    • Produción executiva e artística: Teatro Babaluva SL.

    • Deseño, construción de monicreques e escenografía: Mirari Urruzola

    • Axudante de construción de escenografia: Ramsés Romero González

    • Composición Banda Sonora Orixinal: Merran Laginestra

    • Fotografía: Clara Miguelez/Pepe San Luis

    • DVD: Saga TV

    • Deseño Gráfico: Xurxo Seara

    • Colaboracións:Tanxarina, Monicreques de Kukas, Pepe Penabade,Antonio Bravo, Comercial Grupo Anaya/Xerais, Pepe San Luis, Jero, Montse, Daniel List​​

      Marusía

      Marusía é unha nena que vive perto do mar. Nesta historia, Marusía ten que superar a proba das tres eMes: a Mentira, a Maldade e o Medo, encarnados nun construtor sen escrúpulos, un furtivo e o terror ao descoñecido. 

       Ao longo desta aventura, entre accións e cancións, Marusía  contaranos historias  sobre o  cambio climático e proporanos alternativas para conseguir entre todas e todos mellorar o medio ambiente.

      • Público: Familiar/Infantil, recomendado  a partir de 5 anos

      • Duración: 45 minutos

      • Tempo de montaxe e desmonte: 2h

      • Medidas do retablo: Ancho – 2,10m. Fondo – 1,50m. Alto – 2,30m.

      • Adaptable a calquera espazo escénico con toma de corrente 220 V

        • Dirección: Tatán

        • Produción executiva e artística: Teatro Babaluva

        • Titiriteiras: Larraitz e Mirari Urruzola

        • Deseño e construción de títeres e escenografía: Mirari Urruzola

        • Composición Banda Sonora: Merran Laginestra

        • Fotografía: Miguel Muñiz

        • Costura: Rosario Sampedro

        • Asesoramento de contidos: Ardora e Climántica

        • DVD: Saga TV

        • Agradecementos: Tatán ,Santi Prego, Lucho Penabade, Pepe Penabade, Monicreques de Kukas, Xurxo Seara, Marcos Gallego, Mikel e Ian, Miguel Muñiz, Ramses Romero, Pepe San Luis, Algas Portomuiños.

        • CONTACTO
        • http://www.urdime.net/
        • http://www.babaluva.com/es/