Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
A volta de The Majestics! Despois dun tempo fóra das táboas, a espera rematou! The Majestics, a emblemática banda de rock crunhesa, volta tremer ao seu público nun acaecemento senlleiro que non te quererás perder.
Data: 20 de agosto.
Hora: 20:00.
Localidade: Caión, A Crunha.
Nados a finais de 2003, The Majestics deixou unha pegada indelebel na escea musical co seu potente som de rock. Co inconfundibel talento do británico Dave Hernández e o reconhecido músico-produtor galego Jose “Bonham” , xunto a Alfredo Suárez e Fredy Besteiro, crearon cantos coma “Dreamer’s World” , “Heather Rose” e “Cheap”.A súa discografía, chimpado baixo o selo GP Records, inclúe dous álbums que marcaron a historia do rock independente na Espanha. Despois de anos de silenzo, a banda reativou o seu proxeto, apresentando novo material, amáis o seu recente sinxelo “Cracks in the Statics”. Non te perdas a oportunidade de ollar a The Majestics ao vivo, onde revivirán os seus clásicos e compartirán a súa nova música con todos nós. A noite promete ser inesquecible! Ollamónos en Caión!
Nova da man de The Majestics.
Tradución ao galego ceive da man do rubem novo
Tódalas fotos da man de The Majestics.