The Lákazans publicou o seu primeiro EP no 2013. Composto por seis temas dos cales so incluian un tema propio. Ese primeiro disco, e os seus enérxicos directos, propiciou que se fixeran un oco no panorama musical galego. No 2014 palantexaronse dar un paso máis, e decidiron facer a sua propia música. O longo deste ano deron cincuenta concertos por toda galicia, e en decembro gravaron o seu novo disco “HOMEGROWN” “Colleita propia”. O disco sairá ó mercado o día 13 de marzo.
Gravación do tema Wonderfull Words do grupo galego The Lakazans no estudo Casa de Tolos, en Gondomar, Pontevedra.
Este novo disco está composto por nove cancións, sete propias, e duas versións de dous clásicos: “Dancing in the Street” e “Hound Dog”. Versións que levan a un terreo moi persoal, pero sin perder por isto a esencia das cancións orixinais, e respetando a linguaxe e a sua esencia.
No disco hai: country, blues, boogie, soul e mesmo algún tema que se acerca ó rockabilly o máis puro estilo Imelda May.
O vindeiro 24 de abril The Lákazans no Puticlú de A Coruña as 22:30 h.