Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Junio en Teatro Ensalle

Cintaadhesiva

Presentación única

13
Junio

Viernes- 20:00

O proxecto Cintaadhesiva parte dunha relación estreita cos diferentes usos da cinta americana, fiso, pegamento e medio, blu tack e outro tipo de sistemas de fixación e ensamblaxe, agás o loctite e demais fluídos non flexibles, e a súa faceta para unir e superpoñer sempre sobre unha base porosa e escorregadía. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndase unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, para acción (aínda que en contra desta afirmación existan varios volumes en forma de cd á venda ou de libre escoita en bandcamp), pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensorais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha <<vivencia>>.

Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música). O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores.

Cintaadhesiva é un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesía”: poesía con música electrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés (con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient).

En directo compoñen o grupo: Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz).

Un concerto de Cintaadhesiva é una experiencia moi completa, de grande intensidade. Nos contados destaca un posicionamiento marcadamente feminista e una visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.

Reservar entradas en la web
Fin de tempada
Terminamos la temporada con un maravilloso Quinteto de cordas en Do Maior D. 956 de Schubert interpretado por Cuarteto Dumka y Margarida Mariño.
O que agarda
La temporada que viene se estrena con una creación del potosino Caín Coronado con el equipo Ensalle.

Conócenos

Estaríamos encantados de que visites nuestro sitio web para saber más de nosotros.
La sala
La compañía
Amigos de Ensalle
Toda la programación
Noticias

Síguenos en Facebook
Visita nuestra web