TEATRO ENSALLE S.L.L.C/Chile, 15 Vigo (Pontevedra)
PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2025 EN TEATRO ENSALLE
17-18-19/10/25
Innombrable
Intermitencia Teatro &Ensalle
(San LuisPotosí, México/Galicia)
Espectáculo único
Obra:
Innombrable
Como lle chamamos a ese momento en que as miradas se cruzan?
Que acontece cand
o as persoas atópanse?
Coñecémonos?
Innombrable é unha peza escénica que aborda o fenómeno de cruzar discursos, de buscar e atoparse
cos seres queridos, da patria e a falta desta, é unha peza onde a énfase radica no mero feito de
compartir, de cruzar as
miradas e darlle paso ó corpo.
Cada que pensaba nos meus amigos de Ensalle asolagábame a saudade, unha estraña sensación que
semella moito á nostalxia e á morriña, porque sabía que pasarían un ou dous anos para volver
atoparnos. Bueno, iso cambiou neste 2
025, xa que puidemos atopamos durante o mes de agosto en
México e volverémonos a ver na súa casa en Vigo, España; a saudade deu paso á ledicia…
Como unha volta á conquista, agora dous mexicanos chegan ás costas españolas para falar diso que
xa non se di o
u aquilo que nunca debeu ser pronunciado ou simplemente iso que non ten sentido…
Unha luz acéndese sobre o escenario
Cinco corpos aparecen sorrindo
O baile vólvese frenesí
O amor é persoal
Un boleto de avión cae ó chan e a función remata
Intermitencia Teatro cruza o charco, en cerco huachichil ábrese e todo o que soñamos comeza a
realizarse.
San Luis Potosí
Setembro 2025
Compañía:
Cristel Romo e Caín Coronado. Créase na cidade de San Luis Potosí no ano 2022 coma un espazo de
investigación escénica onde o fundamental é a mistura entre o clásico e os discursos contemporáneos
que nos atraviesan como persoas.
Constantemente t
raballando con artistas diversos da escena local potosina para xerar unha proposta
interdisciplinaria onde la forma, o contido e a imaxe converxen entre si para crear un discurso que
teña que ver con aquilo que nos move, a raíz dos nosos contextos e coa pr
opia identidade potosina.
Nestes tres anos xeneraron seis postas en escena:
* Tomasa de Cristel Romo baixo a direción de Caín Coronado 2022. * Nación Furia de Caín
Coronado, Cristel Romo, Mauricio Gerling, Daniela Saldierna, Gerardo Canela e Jorge Cabre
ra
baixo a direción de Caín Coronado 2023. * Andrónico de Cristel Romo baixo a direción de Caín
Coronado 2023. * LOVE de Cristel Romo e Caín Coronado 2024. * Mecánica o el amor por los
objetos de Cristel Romo, Caín Coronado e Jorge Cabrera baixo a direción
de Caín Coronado 2024. *
Historias de la basura de Cristel Romo, Caín Coronado e Jorge Cabrera baixo a direción de Cain
Coronado 2025
TEATRO ENSALLE S.L.L.C/Chile, 15 Bajo C.P. 36202 Vigo (Pontevedra). España/SpainTel. (+34) 986 48 56 09www.teatroensalle.comteatroensalle@teatroensalle.comFicha artística:Creación e interpretación: Caín Coronado, Pedro Fresneda, Raquel Hernández, Artús Rey e CristelRomo
24-26/10/25
Segunda man. Estado aceptable
AveLina Pérez
(Galicia)
OBRA
Ofrécese muller, dada de alta na seguridade social, para agarrar man de moribundo no último lance.
Prezo, 35 €/h.
Cóbrase por adiantado.
INFORMACIÓN DA PRESENTACIÓN ACTUAL
No 2023 AveLina Pérez estreaba Segunda man, Estado aceptable, unha peza afianzada na palabra
fóra de foco.
Presenta agora unha revisión da obra que procura ampliar o xogo, atender a desexos presentes e
continuar na busca das posibilidades da palabra.
Compañía:
AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola
ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto
escénico: AveLina
Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de
obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co-creadora), Gañaremos o pan
coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala
Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de Teatro do Milladoiro,
así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mon
dariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da
tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi li
gada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá,
e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un
lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sem
pre
presente.
Ficha artística:
Dirección, dramaturxia e actriz: AveLina Pérez. Montaxe de vídeo: Jesús Tejada
RESERVA DE ENTRADAS
Web:https://teatroensalle.com/Tfn: 986 48 56 09
A billeteira abriráse unhahora antes do comezo do espectáculo.
Prezo 10€ (existen descontos).
Teatro Ensalle. Rúa Chile, 15 baixo. Vigo


