Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Pequenos e grandes momentos!
Grazas a Maria Villar e a tod@s artistas de Vigo! Sodes unha gozada ❤️‍🔥
“Namoradeiras entre a pel” de Tania Yáñez Castro
“Para ti de min”
Tania Yáñez Castro 🌹
“Palabras en acción”
Tania Yáñez Castro 🌹
Vexo luz e atmósfera en todo.
Nada está inerte,
cheira a herba mollada e a vida.
Vexo beleza en todo.
(Ao carón da lareira)
As chamas do lume
recórdanme ao aleteo dunha avelaíña
espida, voiando.
Tania Yáñez Castro 🌹
Amañece.
Érgueste.

Coma unha abatida,
o vento en contra
o osíxeno véndese
e a fala perde cor.

Os sentimentos a pelexar
os pensamentos, en guerra
e as forzas desvanécense.

Tranquila…
A túa alma non te enganou
é a mudanza do teu crecemento,
o teu lugar estate a buscar.