Espantar augas fecais
moer toda casca podre
pisar alentos moribundos
enterrar magoas aderezadas.
Nin luto, nin tristura!
Bailar cos pés en forma de triunfo
e removerse en conciencias alleas.
Liberdade!
Liberdade ceibada en cada ouvido.
Seguir voiando
perder pensamentos irreais
apertar o aire que calma a ansia
mostrar a pel sen plumaxe
e bicar a esa alma.
Feitizo dun rosal
coloradiñas de cara
verbas das miñas veas
coa mirada alumiada.
Emboutada polas ondas
coa maxia a man alzada
acendinme coas estrelas
por cada flor namorada.
Senón loitamos
viviremos entre sombras
mergulladas nun mundo de lodo
e co cheiro ao valeiro entre ocas cabezas.
Deseñar soños
eses que nacen da alma
que prenden lume a paixón
eses que che empuxan ao son do ton.
Nun prado cheo de vida
plagado de flores multicolor,
o compás marcado polo canto
que con frescor acende cada emoción.
Aínda as veces
cústame aturar o frío
soportar o vento barulleiro
terme en pé ante unha torpeza.
Pero cando miro cara atrás
e vexo o sufrimento dun día…
Xiro o volante!
Márcolle o rumbo que eu quero a vida.
Saio coma unha cometa
e disfruto todo canto me guía.
O meu camiño pedregoso
o sendeiro marcado
con honestidade perde tal sufrimento.
Non hai dor que non se esfume,
nin cicatriz sen curación,
non hai experiencia sen sabeduría,
nin pasos sen progreso.
Entón…daquela?
Arría!
Arría volvoreta, arría!
Erguida,
sentín o motivo dun sorriso…
Mireime no reflicto da pura auga
e nun regato sentín a doce cara da ledicia.
Descalza,
co zumbido das abellas
ao lonxe vina.
Aloumiñábame o pole,
era vrán
navegando costa arriba.
Hora do xantar!
( Menú: Exame de harmonía)
Como un quebracabezas desencadeado
coma unha montaña galega chea de emocións
coma a resaca do mar na Costa da Morte
coma min, tantas veces sostendo o invisible control.
E cando se asoma a calma sen forma nin ton
olloa con medo e curiosidade enriba do sol.
Mais que ditosa costume!
Esa que me leva río abaixo
coas pernas adormecidas polo temor.
E que fago?
Que escollo nesta nova quenda?
Ben sei!
Esvararei como auga de maio aloumiñando cada flor.
Asina… A rúa de pó.