Vamos a escribir unha nova historia.
Dúas mentes retorcidas e inquedas
unha noite de sexo con indómitos orgasmos.
¡Leme!
Un espazo a soas
que o tempo non nos dea atopado
e logo afoguemos no desagrado da súor do puro pracer.
“Dragóns”
#TaniaYáñezCastro
#TaniaYáñezCastro
Paixón ENTRE ALMAS de Tania Yáñez Castro
Mais non podo explicarte o que quero dicir… ¿Non liches a letra pequena?
Nunca hai que soltar as ganas por aquilo que che dorme ao latexar.
Igual bastaba con sentir, ao fin, a única aventura que paga a pena vivir é a que está dentro de ti.
“Soños en min”
#TaniaYáñezCastro
Descéntrame con ganas
tatúame a paixón
bícame con ardor
móllame o interior.
E logo,
deixame espida
e aperta ao teu corazón.
” Ti máis eu e sós”
#TaniaYáñezCastro
¿Pra que tanto fincar os pés no seco cemento?
Tantas conversas sen comezar, cantas miradas esquivadas, palabras non ditas, momentos perdidos…
Namentres pasa, a vida vaise sen decatarnos e os pequenos momentos canda ela.