Namemtres ti máis eu mirámonos
e os beizos arrímanse.
¡Maldito círculo vicioso do pensamento!
Presa do teu cheiro…
“Paixón de padales”
Ese momento.
A éxtase flúe
cando máis preto estamos
cando nas nubes nos bicamos.
Despois de todo…¿que mellor pracer que saborearnos?
“Fuxida controlada”
Que mágoa.
Pensar os dous o mesmo,
enxaular as ganas,
controlar as distancias
e apartar as miradas.
¿Por que?
¿Para que?
Que mágoa.
Baño de bagoas
empapan o corazón,
arríncannos o momento
pérdese co temor.
“O meu agasallo”
O mellor nunca recibido.
Abroo…
¡Brinco de ledicia!
Co impulso tropezo no chan.
¡ Seivo gargalladas mentres miro ao sol!
E a bruma caeme enriba.
O mellor nunca recibido.
Unha vida chea de aventuras.
Desperto do meu próximo soño…
Mirámonos sin vernos
dei en caer en ti, tropezamos.
Agora e aquí, sorrimos.
Sen nada que engadir, vivimos.
Ti máis eu, agarimos pracenteiros.#TaniaYáñezCastro
Agardando.
Noites en desvelo,
soños eróticos,
pixamas suados
e pensamentos indecentes…
Deses que xorden, inoportunos,
que te sacan as cores
e as máis íntimas partes descobren.
Ganas.
Agardeinas.
¿Pra que escoller?
Voio a toda vela
escupo o ruxir sin peros.
O amor medra.
Poño máis calor a lareira
e a muda da pel comeza.
Rumbo da miña larpeira
( Receita por vida de sobredose de esperanza)