TÓDALAS FOTOS DA MAN DE
María Ram
Levan xa varios anos iste proxeto. Un proxeto que naceu pola falla de bandas femininas, pro non só por ise porqué había máis. Só me saen unha manchea de nomes de mulleres roqueiras na cabeceira festivais neste país, daquelas que levan tódala vida por e pra o Rock, e unha banda de varias xa non é moi doado aínda. Era cuestión de tentalo e probare a ollar que pasaba.
https://www.facebook.com/reel/817701637748452
E si, a banda créase co obxeto de falare e de contare e dicir cousas. Cada letra leva implícito unha mensaxe, algunha con máis mala uva que outra, mais todas ilas saen dun valore human. Cantar ao amore, á ceividade, aos sonhos, á reflexión por iste mundo que nos arodea…
Soberse as táboas non é doado, alí enriba ves e escoitas todo mentres das o do de peito. Ves quen goza e cre nisto, quen corea algún tema, quen che apreza de verdade e lle gosta o que fas e un encetera longo. Aprezíase a comprensión e a axuda denantes momentos de aperto, por exemplo, cando non consegues escoitarte nos adentros das táboas e un técnico está alí pra facerche axeitado o teu traballo, cando voa un setlist e alguén o devolve ao sitio pra que saibas a orde, cando che afoutezan e ves facianas de festa e de afouteza da xente que está a carón de ti.
Ao fin , quen respeita o que fas.
Son moitas cousas as que hai as costas do proxeto que veu á lus hai xa uns cantos anos. Deste e de tódolos proxetos musicais que eu conhezo e apoio con EspazoUnderground.
https://www.facebook.com/motherseedrock
A estrea deste vídeo clipe leváronme a reflexionar sobor moitas cousas e os anos pasan e parece que todo isto continúa. Quen mo ía dicir? Sabía que quería unha banda de Rock and Roll e sabía que quería facer letras, porén o que non sabía cando comezar é que tería a sorte de seguir hoxe en día enriba das táboas.
Agradecida a quen segue no meu caminho, a quen cree en nós de verdade, a quen ve a 4 persoas facendo música e nada máis e a quen facedes posíbel que o sonho viva. Non é doado e non sei que pasará manhá porque quizabes con 20 anos é máis doado prever o futuro, emporiso o caminho continúa con forza!!!!
GRAZAS
María Ram (Espazo underground)
https://www.facebook.com/reel/1826178141591271
TÓDALAS FOTOS DA MAN DE
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO
Suevia – Ladies Rock Fest Vol. 2 – Live at MasterClub, Vigo
00:00 Inicio
00:31 Vivir
04:25 Luces & sombras
08:32 Luna llena
12:14 Song 2 (Blur cover)
15:00 Soñando
18:21 Oveja negra
23:02 Paranoid (Black Sabbath cover)
26:51 Tempo atrás
30:47 Salavaje
35:19 Lume
40:02 En la salida
Suevia – Lume









