Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

“Som o froito dun proxecto educativo. Som verdadeiramente axentes da maioría. Pola contra ninguén lles serviría, nin por guita, un café. Ninguén lles levaría en avión, nin lles daría unha masaxe tailandesa. Hai que repensalo todo, benquerido amigo. Non hai escusas. Perdoa a cracha, a pedantería, o clixé, mais ISTES PAXAROS NON SOM UNHA CASUALIDADE. Nin sequera un erro (aínda que sexan un horror). Som o espello. E se non é así, por que endexamais, dende hai anos, reflíctese outra cousa? lamentabelmente dubido que os vindeiros candidatos, os de retroco, diferénciense moi moitísimo moito… SOLUCIÓN NHONHA?: Dar exemplo persoal nos nosos vindeiros círculos. achegado/vindeiro. Porque no “macro” nin ti nin eu temos poder algún. Non temos fama, nin goios de petróleo. Cero poder real. Votes aos monicreques que votes, á curta ou a longo prazo, ensinarán as mesmas facianas, revelarán a súa verdadeira face de seres parvos, langráns, lambefoulas, falsos. That’s all folks! Isto é o que fomos capaces de construír, de procrear coma sociedade. Metes lixo, sae lixo. Voltas preguntarme que coma trocalo? Relé A Solución “Nhonha” que te propuxen denantes: conduta persoal e círculos pequenos de traballo e agarimo. Non vexo outra saída pra hackear o sistema, ista merda vergonhenta. E esquece das armas. Xa se fixo. Choe recuncando mesmo de maneira aínda máis triste. Ei, bo, si, hai outra saída: Alvedro… ho, ho, ho… mais onde ir? A graxa, a nada, a parvedade xa o ocupou todo. (o sul da pampa ollei gauchos -os auténticos- tomando farlopa mentres vían porno nos tele móbiles. Algún xogaba o Handy Crash. A nova milonga.) Non. Non hai fuxida. Bebo a túa saúde, por ti, irmán meu!, e voume a escoitar a Cesária Évora un intre. É que arrinco de manhancinha. Boanoitinha.”

JL Ducid Dixi

TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

DENDE O CASTELÁN ARXENTINO DO JOSÉ LUÍS DUCID.