ROLLING STONES
Exile on Main St. (1972)
Acosados pola policía e os impostos, a mellor banda de rock da historia abandonou Inglaterra e se desterrou na Franza. Naquil entón Keith Richards alugou unha mansión na costa mediterránea e alí levouse a toda a trullada pra gravar iste álbum, que sinalaría un denantes e un despois na discografía da banda.
As sesións leváronse ao feito entre outubro de 1970 e marzo de 1972, en condicións lamentabéis: o consumo de drogas foi desaforado e as peculiaridades acústicas do soto da mansión, así coma a súa instalación eléctrica, eran desastrosas. Ao remate—amais dos músicos— técnicos, familia e amigos ficaron a vivir alí, chegando a xuntarse máis de corenta persoas. Por aquel pazo dos escesos pasaron, entre outros, William Burroughs, Terry Southern, John Lennon e Gram Parsons… todos profesionais dos malos vicios.
Tiveron que picar a fonte eléctrica dunha estación de tren preta pra alimentar o estudo móbil; o lareiro deixouse o gas desfechado e a lareira ardeu de cheo; entraron ladróns e leváronse case tódalas guitarras do Keith Richards… unha desfeita monumental.
O desenfreo salvaxe rematou cando acudiu a policía seguendo aos principais traficantes do país, que sempre recalaban alí. Nunha escea parella ao final das historietas de Pepe Gotera e Otilio, tiveron que fuxir a fume de carozo co posto e terminaron o disco en Os Anxos.
Anécdotas á parte, amais dunha gran influencia da música afroamerican (rock and roll, country, blues e rhythm and blues), típica dos seus precedentes discos, agora engaden toques doutros xéneros musicais inéditos niles coma rockabilly, boogie-woogie, jazz e góspel. As letras, coma non seria doutra forma, viran ao redor do sexo e as drogas, mais con alusións á soidade e alienación que sofrían ao ser estrelas do rock (que magoeiro danme!).
Persoalmente creo que é o último disco bo que gravaron. A partir de eiquí fóronse a vivir a EEUU e a cousa trocou de cheo.

Tradución ao galego ceive da man do Rubem Novo.
Foto cabeceira da man de https://www.wsj.com/
Foto adentros capa “Exile on main St” da man do Pepe Chas, tamén foto chinelas.