Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Rebeliom do Inframundo alíase co rapeiro Kaze para publicar o seu novo tema Balas © Alberto Lora

Balas (2026, Galunk Producións) é un tema potente de rap/hip-hop con pulso afrobeat, cru e combativo, en colaboración con Kaze, que poderá escoitarse en todas as plataformas dixitais a noite deste xoves, 15 de xaneiro, a partir das 00.00 horas.

O single ven acompañado dun videoclip a mans de Steel Cora, rodado en branco e negro, no que o rap preséntase como ferramenta de expresión e denuncia, e non como apoloxía da violencia

O videoclip poderá verse na canle de YouTube da banda desde este mesmo xoves, contra ás 14.30h

Link videoclip https://www.youtube.com/watch?v=4GrZ_ex5P1c

 

ESCOITA “BALAS”

https://orcd.co/balasrebeliomkaze

Nacidos nas rúas e locais de ensaios de Galicia hai máis dunha década, Rebeliom do Inframundo prepara a saída do seu novo álbum, Orgulho, para o 27 de febreiro de 2026, do que xa se coñecen temas como Sube ou este novo, Balas.

A banda galega anuncio xa os primeiros concertos en salas dentro do seu novo tour ‘Orgulho‘ (2026, Galunk Producións), con paradas en Barcelona, Bilbao, Madrid, Santiago de Compostela e máis datas que se darán a coñecer proximamente

Biografia
Nacidos nas rúas e nos locais de ensaio de Galiza, Rebeliom do Inframundo leva máis dunha década facendo da música unha trincheira e unha celebración. Nervo, Malvares, Frank Huxley, Busto e DJ Pol forman unha alianza que vai máis alá do rap: é unha actitude, unha maneira de entender o mundo.

O seu son bebe do rap hardcore e da electrónica, pero tamén das raíces galegas e da forza dun pobo que nunca baixa a cabeza. Cada tema é un retrato entre o amor e a rabia, entre o orgullo e a ferida.

Dende Caladas Reflexivas ata Amor ou Barbárie, pasando por Lume e Rebeliom e Ilegal, a banda medrou sen traizoar o seu camiño. Hoxe, Rebeliom non é só unha referencia musical: é un símbolo dunha xeración que loita, crea e berra sen pedir permiso.

Tour ‘Orgulho’ 2026
📢 Primeiras datas en salas:

📍V. 06 Marzo ~ BARCELONA ~ @lautconcert
📍S. 28 Marzo ~ BILBAO ~ @d8_sorkuntza_faktoria
📍S. 18 Abril ~ VALLEKAS ~ @salalatrinchera
📍V. 08 Maio ~ COMPOSTELA ~ @salacapitol

🏷️ ENTRADAS XA DISPONIBLES AQUÍ EN WOUTICK 🏷️

 

Rebeliom do Inframundo X Kaze  Balas

Galicia, 15 de xaneiro de 2026.

Rebeliom do Inframundo prepara a saída do seu novo álbum, Orgullo, para o 27 de febreiro. O mes pasado editaron o seu primeiro sinxelo, Sube, e agora adiantan Balas, un novo tema coa colaboración de Kaze.

Balas, este novo single de Rebeliom do Inframundo Ft. Kaze, xorde porque “temos moito respecto artístico, admiración e amizade”, segundo avanza Nervo, membro da troupe galega. “Quedamos, basicamente, e puxémonos a crear. Eu tiña claro que quería que fose unha canción dura e penso que o conseguimos: quedou unha canción moi potente e dura”, explica o artista. E continúa: “Queríamos mostrar tanto o nivel técnico e artístico que teñen ambos proxectos, tanto Rebeliom do Inframundo como Kaze, e deixar tamén ben claro que aquí sabemos rapear e dicir cousas”.

O single Balas (Galunk Producións) estará dispoñible en todas as plataformas dixitais desde esta noite ás 00.00 horas.

SOBRE BALAS, O NOVO LANZAMENTO DE REBELIOM DO INFRAMUNDO

Balas é un golpe frontal: un tema de rap/hip-hop con pulso afrobeat, cru e combativo. Letras bilingües con flows afiados que disparan verdades sen filtros. Unha canción sobre non venderse, mirar á cara e seguir en pé xunto aos teus, aínda cando todo arde. En palabras de Nervo, “queremos deixar claro que, por moito que a sociedade estea tola nestes momentos, vivindo por e para o diñeiro, no noso caso non é así. Nós facemos as cousas de corazón, con alma; o tema monetario non é o máis importante, senón o orgullo e a dignidade”.

O single Balas vén acompañado dun videoclip que é unha peza estética e simbólica, rodada en branco e negro, que utiliza códigos visuais do rap contemporáneo para expresar identidade, presión social e resistencia. Os espazos abertos representan a exposición e o contexto hostil; o secuestro nunha nave simboliza a opresión, o control e a perda de voz, sen mostrar violencia explícita.

A persoa cos ollos vendados funciona como metáfora da violencia estrutural que sofren determinados colectivos. As balas e os billetes coa imaxe da portada do disco representan palabras, consecuencias e diñeiro sen valor moral, deixando claro que a identidade, a dignidade e a conciencia non se poden comprar. A estrea do videoclip de Balas terá lugar hoxe xoves, 15 de xaneiro, ás 14.00 horas, na canle de YouTube da banda.

E quedounos esta marabilla
Balas Nesta afortunada coincidencia con Kaze, Rebeliom do Inframundo continúa “co rap que parece que se está a perder, ese rap duro que é o que nos caracteriza e non deixamos de facelo, nin deixaremos de facelo nunca”, segundo apunta Nervo.

E conclúe: “Basicamente isto é que todo flúe magnificamente; quedamos varios días con Kaze, estivemos escribindo xuntos, facendo a parte instrumental todos xuntos, creouse todo desde cero. Non é unha colaboración na que ti amoses ou che amosen, como quen di, con todo feito cun espazo para que ti aparezas. Neste caso fixémolo desde o principio xuntos. Isto foi algo que sempre falamos, que se facíamos unha canción tiña que ser todos xuntos, tanto no instrumental como na letra”.