Necesitamos un diario que defenda os intereses galegos e estea escrito na lingua propia de Galiza? Seguramente todas digamos a berros que SI, que máis pronto que tarde, que veña xa… Pois con esa idea anda Sermos Galiza, só precisa 3.000 subscritor@s, 3.000 persoas que se comprometan para que en xaneiro de 2019 poidamos ter O DIARIO GALEGO. Este venres 25 maio acompañarei a Antón Reixa e Xoán Costa para falar dese proxecto. Ás 20h na Fundación Luís Seoane.
25 MAIO
Ti contas: presentación do proxecto “O Diario Galego”
20.00 h
O venres día 25 de maio, ás 20 h, preséntase na Coruña, na Fundación Luís Seoane, o proxecto para a saída de O Diario Galegoen 2019.
Nestes momentos Galiza non conta con ningún diario na nosa lingua e para facelo posíbel son necesarias un mínimo de 3 mil subscricións. A empresa editora é Sermos Galiza, que hai seis anos lanzou o diario dixital e mais o semanario en papel, o único que hai nos quiosques en lingua galega. E para acometer esta empresa ti contas, necesitamos moitas maus para facelo realidade.
O DIARIO GALEGO defenderá os intereses galegos e estará escrito na lingua propia de Galiza. Será un medio de comunicación nacional, profesional e colaborativo que proporcionará información xeral.
Contaremos nesta presentación con María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre Bóveda, Antón Reixa, músico e cineasta e Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza.
Máis información en O diario galego.