Quen foi… Robert Johnson? – O GUITARRISTA DO DIANHO.
Foto portada cortesía de elrockescultura.com
Robert Leroy Johnson (Hazlehurst, Mississippi; 8 de maio de 1911-Greenwood, Mississippi; 16 de agosto de 1938) foi un cantante, compositor e guitarrista estadounidense de blues, coñecido coma o Rei dos Delta Blues. As súas gravacións de 1936 a 1937 amosan unha notable combinación de talentos pra cantar, tocar a guitarra e compoñer cancións (a pesares de gravar só vinte e nove, influíron en xeracións de músicos). A súa misteriosa e mal documentada vida e a súa morte aos 27 anos levaron á difusión de moitas lendas. É considerado o avó do rock and roll pola influencia da súa música nos grandes intérpretes do xénero. A súa locución, a orixinalidade das súas cancións e o seu estilo de tocar a guitarra marcaron unha ampla gama de músicos considerados lendas, entre eles: John Fogerty, Bob Dylan, Brian Jones, Johnny Winter, Jimi Hendrix, The Yardbirds, Led Zeppelin, The Allman Brothers Band, The Rolling Stones, Slash, Queen, The White Stripes, The Black Keys, The Band, Neil Young, Warren Zevon , Jeff Beck, Nick Cave ou Eric Clapton, iste último di que Johnson é “o mellor músico de blues que viviu endexamáis”
Clasificado no posto 71 da lista dos “100 mellores guitarristas de tódolos tempos” da revista Rolling Stone. Ingresou no Salón da Fama do Rock and Roll en 1986 na categoría Early Influence (Early influences). Falecendo aos 27 anos , tamén é coñecido mundialmente por ser declarado o fundador do club de 27 anos (un fenómeno estraño coñecido pola cantidade de artistas que morreron en estrañas circunstancias, a idade de 27 anos).
Naceu en Hazlehurst, estado de Mississippi, Estados Unidos o 8 de maio de 1911 (aínda que esta data está moi disputada); a súa nai era Julie Ann Majors (Julie Dodds), a filla de escravos que tiñan ao seu fillo cun peón que pasaba pola cidade, chamado Noah Johnson, cando foi momentaneamente separada do seu marido Charles Dodds Jr., un próspero carpinteiro. Tempo despois regresaría con Charles (entón chamado Spencer), mais a súa relación non durou moito.5 O pequeno Robert medrou co apelido Spencer sen saber que Charles non era o seu pai biolóxico e a familia instalouse en 1918 en Robinsonville; Anos máis tarde, a súa nai confesoulle a Robert que era fillo de Noah Johnson, polo que adoptou o apelido do seu verdadeiro pai.
Cando era neno, Johnson mostrou interese pola música, primeiro pola arpa e logo pola harmónica. Foi enviado á escola mais non amouso moito interese polos estudos, que abandonou coa escusa dun problema de visión en 1927.
En febreiro de 1929 casou con Virginia Travis, de 16 anos. Pouco despois quedou embarazada e finalmente morreu de parto xunto coa súa crianza, en abril de 1930. A segunda esposa de Johnson era Esther Lockwood, nai de Robert Lockwood Jr., que máis tarde se convertería tamén en blues, seguindo as pegadas do seu padrasto.
Despois de varios anos atuando polo sur dos Estados Unidos, tivo a oportunidade de gravar as súas 29 cancións lendarias. Hai 42 gravacións (13 das cancións graváronse dúas veces), gravadas en dúas sesións: a primeira nun hotel de San Antonio (Texas), os días 23, 26 e 27 de novembro de 1936; o segundo nun estudo en Dallas, Texas, os días 19 e 20 de xuño de 1937.
A súa morte produciuse en estrañas circunstancias. Segundo as últimas investigacións, a causa de morte máis aceptada é que foi envelenado polo marido de Beatrice Davies, que envelenou unha botella de whisky con naftalina. Non obstante, a falla de datos alimentou a lenda e outros din que morreu de pneumonía. , algúns de sífilis, morto cunha arma de fogo. O seu certificado de defunción revela que morreu o 16 de agosto de 1938 en Greenwood, Mississippi, e que non houbo autopsia. Así coma a súa morte está chea de misterio, tamén o é o seu lugar de soterramento, xa que hai tres posibels tumbas nas que se atopan os anacos de Johnson: unha no cemiterio de Payne Chapel, preto da cidade de Quito, Mississippi, coa lenda Resting in the blues; outro no cemiterio da igrexa Little Zion, preto de Greenwood, restaurado en 2020 pola discográfica Sony Music (actual propietaria dos dereitos das súas cancións); e un monumento ou obelisco situado no cemiterio da igrexa bautista Mount Zion, tamén preto de Greenwood
Dise que Johnson non era un bo guitarrista antes de ser o bluesman que hoxe coñecemos. Debido á súa frustración, decidiu desaparecer por algún tempo. Cando regresou da súa marcha (aproximadamente un ano e medio segundo o conta o seu documental) converteuse na persoa que lembramos hoxe e comezaron a circular rumores (algúns sementados polo propio Johnson) de que vendera a súa ialma ao demo nunha estrada pra que converterase no mellor home de blues en camiñar pola terra. Hai quen atribúe esta lenda tamén a Tommy Johnson
Fonte: Wikipedia.
Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.
Álbum en estudo
- King of the Delta Blues Singers (1961)
- King of the Delta Blues Singers, Vol. II (1970)
- The Complete Recordings (1990)
Sinxelos
Data de lanzamento | Matrix | Canción | Catalog | Data | Duración |
---|---|---|---|---|---|
1936-11-23 | SA 2580-1 | Kind Hearted Woman Blues | Vocalion 03416 | 1937 | 2:49 |
1936-11-23 | SA 2580-2 | Kind Hearted Woman Blues | Columbia 30034 | 1970 | 2:31 |
1936-11-23 | SA 2581-1 | I Believe I’ll Dust My Broom | Vocalion 03475 | 1937 | 2:56 |
1936-11-23 | SA 2582-1 | Sweet Home Chicago | Vocalion 03601 | 1937 | 2:59 |
1936-11-23 | SA 2583-1 | Ramblin’ on My Mind | Vocalion 03519 | 1937 | 2:51 |
1936-11-23 | SA 2583-2 | Ramblin’ on My Mind | Columbia 46222 | 1990 | 2:20 |
1936-11-23 | SA 2584-1 | When You Got A Good Friend | Columbia 46222 | 1990 | 2:37 |
1936-11-23 | SA 2584-2 | When You Got A Good Friend | Columbia LP-1654 | 1961 | 2:50 |
1936-11-23 | SA 2585-1 | Come On in My Kitchen | Vocalion 03563 | 1937 | 2:47 |
1936-11-23 | SA 2585-2 | Come On in My Kitchen | Columbia 46222 | 1990 | 2:35 |
1936-11-23 | SA 2586-1 | Terraplane Blues | Vocalion 03416 | 1937 | 3:00 |
1936-11-23 | SA 2587-1 | Phonograph Blues | Columbia 30034 | 1970 | 2:37 |
1936-11-23 | SA 2587-2 | Phonograph Blues | Columbia 46222 | 1990 | 2:32 |
1936-11-26 | SA 2616-2 | 32-20 Blues | Vocalion 03445 | 1937 | 2:51 |
1936-11-27 | SA 2627-1 | They’re Red Hot | Vocalion 03563 | 1937 | 2:56 |
1936-11-27 | SA 2627-2 | Dead Shrimp Blues | Vocalion 03475 | 1937 | 2:30 |
1936-11-27 | SA 2629-1 | Cross Road Blues | Vocalion 03519 | 1937 | 2:39 |
1936-11-27 | SA 2629-2 | Cross Road Blues | Columbia 46222 | 1961 | 2:29 |
1936-11-27 | SA 2630-1 | Walking Blues | Vocalion 03601 | 1937 | 2:28 |
1936-11-27 | SA 2631-1 | Last Fair Deal Gone Down | Vocalion 03445 | 1937 | 2:39 |
1936-11-27 | SA 2633-1 | Preaching Blues (Up Jumped the Devil) | Vocalion 04630 | 1939 | 2:50 |
1936-11-27 | SA 2634-1 | If I Had Possession Over Judgment Day | Columbia LP-1654 | 1961 | 2:34 |
1937-06-19 | DAL 377-2 | Stones in My Passway | Vocalion 03723 | 1937 | 2:27 |
1937-06-19 | DAL 378-1 | I’m a Steady Rollin’ Man | Vocalion 03723 | 1937 | 2:35 |
1937-06-19 | DAL 379-1 | From Four Until Late | Vocalion 03623 | 1937 | 2:23 |
1937-06-20 | DAL 394-2 | Hellhound on My Trail | Vocalion 03623 | 1937 | 2:35 |
1937-06-20 | DAL 395-1 | Little Queen of Spades | Vocalion 04108 | 1938 | 2:11 |
1937-06-20 | DAL 395-2 | Little Queen of Spades | Columbia 46222 | 1990 | 2:15 |
1937-06-20 | DAL 396-1 | Malted Milk | Vocalion 03665 | 1937 | 2:17 |
1937-06-20 | DAL 397-1 | Drunken Hearted Man | Columbia 30034 | 1970 | 2:24 |
1937-06-20 | DAL 397-2 | Drunken Hearted Man | Columbia 46222 | 1990 | 2:19 |
1937-06-20 | DAL 401-1 | Honeymoon Blues | Vocalion 04002 | 1938 | 2:16 |
1937-06-20 | DAL 402-1 | Love in Vain | Columbia 46222 | 1990 | 2:28 |
1937-06-20 | DAL 402-2 | Love in Vain | Vocalion 04630 | 1939 | 2:19 |
1937-06-20 | DAL 403-1 | Milkcow’s Calf Blues | Vocalion 03665 | 1937 | 2:14 |
1937-06-20 | DAL 403-2 | Milkcow’s Calf Blues | Columbia 46222 | 1990 | 2:20 |