Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Polo Rubem Novo.

empuje@empuje.net

POR QUE O CHAMAN KORUÑO CANDO É CALORRO?

O TERMO É CALORRO

Nestes tempos modernos de “La Coru” xurdiu o termo “KORUÑO” verbas que nadas na vecinhaza de As Átochas-Monte alto, espalláronse polos poboadores da cidade estado de A Cunha.

Verbas, palabras, termos… que dende a poboación xitana de Monte Alto, misturáronse co castelán falado en Monte alto: el, lelo, palas, chique, ja…

A presenza de persoas de etnia xitana na vecinhanza de Monte Alto, xurde no Século XX chegando ao 2026, século XXI. É o conhecido coma “O edificio dos xitanos” que foron uns barracóns do exercito, que abandoaron e istes barracóns convertéronse nun “Cambalache” unha serie de postos onde mercaban cal quer cousa que levaras alí. Lembrar o grande Perrusco, o perruqueiro máis senlleiro da cidade estado de A Crunha, cando dicíame: “Eu, cando fixen a mili” (servizo militar, xa sabedes) estiven no Cuartel de Átocha, e cando rematei alí, vendín o uniforme, o cinto do exercito (por ter un peche de folla de lata, tinha o seu valor) e trangalladas da mili, alí, nestes postos mercábase cal quer cousa que levaras, todo tipo de obxectos.

Despois, rematou “O Cambalache” os postos ían fechando, ata que ficou baleiro. Entón “Os xitanos” metéronse a vivir alí, e comeza o tempo dos “Arcóns de Monte alto” chamados así pola forma dos barracóns, istes, esmendrellados, en ruínhas…

Unha cousa e sobranceira, os xitanos (som persoas) mais chamemosles coma chámanos a xente, dos Arcóns de Monte alto, som a primeira presenza de xitanos nunha vecinhanza de A Crunha, xitanos arrodeados de “PAYOS” e comeza “O CALORRO”.

Nos Arcóns de Monte Alto, prodúcese un feito a ter moi en conta, “a política” cos xitanos na cidade de A Crunha era que viviran o máis afastado posíbel dos “Payos” e os xitanos dos Arcóns de Monte Alto VIVÍAN na vecinhanza de Monte Alto a cotío en contacto cos “Payos” de Monte Alto, sendo o único lugar da cidade que isto producíase.

E xurde O CALORRO, os payos de Monte Alto comezan a falar, no seu castelán crunhés, verbas dos xitanos. Falas coma un xitano, coma un calorro, así comeza na cidade estado de A Crunha O CALORRO; tamén dicir que neses primeiros tempos tamén chamábase GERMANICO, mais era unha verba pouco dita, calorro é o termo.

Eu, estudante no Colexio Público Curros Enríquez de As Átochas-Monte Alto, estudo cos xitanos, os irmáns Jímenez. Agora, chamado xardín de infanza, entón Parvulinhos, iamos cun mandil e un lazo de cores, non sabiamos aínda os números, eu, dos de lazo vermello.

Vai tempo que INVENTOUSE o termo K/CORUÑO (coa C ou a K, é o mesmo) pra os miolos da sociedade e pro publicacións, páxinas e guebs espallase “A denominación de orixe” mais dicir que as verbas do calorro, que escóitanse por Monte alto, nas décadas dos anos 70, 80 e comezos dos anos 90 non som as de “Dicionarios do calorro” que xorden e ateigan publicacións en papel, Interné…

O Calorro, refeito coma Coruño, voltase “Prestón” e sen alicerce

Só dicir O CALORRO só é UNHA XITANADA: O QUE TEN QUE SER.