Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

NOE

Porque traspasoume teu mirar gacio
de urente pracer
na noite tordeante,
e ese tempo gafo que roérame
namentres o turdio vento
enxeaba os rescoldos das bágoas.

Porque o bisbeo das formigas
enunciaba teu verdadeiro nome,
como a á dunha avespa
rozando meu pómulo
ou a presenza escintilante no fuscallo
da serodia illa da miña feezA.

PEPE CHAS

FOTO CABECEIRA DA MAN DE YOU TUBE