Acaban de me facer saber, o meu irmán e compañeiro de In Nave Civitas Rodrigo Osorio, da existencia desta fermosa ilustración de Federico García Lorca. Para min é unha mostra da maxia da arte. O meu recente manuscrito leva o mesmo título e tenta ser da mesma fasquía. “Novos nodos na rede eterna da tradición”, como di Rodrigo Osorio Guerrero. Como te atopas no camiño. Un camiño desexado, pensas, un bo camiño. Os fíos se non se ven, búscanse eles mesmos. O diálogo eterno da creación. A pulsión do amor ás cousas, á natureza… esa pulsión, esa forza que todo o move, que todo o pode cambiar… en resumo, o herdo dunha cosmovisión. Sen querelo, recuperei unha parte Lorca, que desde hai tempo está en min. Marabilla! Bo día a todas e todos!
Fonte: http://www.residencia.csic.es/expolorca/jardines.htm
PREME NA LIGAZÓM:
https://www.facebook.com/lobo.ouveador