Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Patricia Fidalgo está con Afonso Anluan.

Veño de pasar os días máis duros da miña vida.
E recordo esa mañá calurosa na praia de Glyfada, pero non podo falar dela.
Agora fican os recordos, que me parten en mil pedazos que non sei cómo vou ser capaz de recompor.
Fica o privilexio de ter compartido máis de dez anos marabillosos da miña vida contigo, a persoa máis especial que coñecín.
Fican -só para min- os recordos da nosa intimidade, na que sempre había risas, e complicidade infinita, porque, como ti dis, temos “lifting”.
Fican todas as veces que sobraban as palabras, porque a miña “telepatricia” era suficiente para saber o que a túa compexa cabeciña estaba a pensar.
Con Afonso aprendín, continuamente. Del. De min. Do mundo.
Tan agarimoso e tenro na intimidade como solemne e ríxido a ollos novos.

Pero Afonso era moito máis que Afonso e Pátri. Era mil Afonsos. Todos enormes.
Era fillo, era amigo, era irmán. Era tío. Era padriño.
Era profesor entregado e crenzas firmes e arraigadas.
Afonso era lingua, era escribir, e ler, e ver. Era escoitar e dialogar. Era aprender, sempre aprender. E transmitir o aprendido como ninguén o facía.

Sempre formarás parte da miña vida. Meu neninho. Meu amorinho.
Perdo eu. Perde o país. Perde o mundo.

E dende a dor infinita fica tamén agradecer.
A grandeza do que Afonso construiu e do amor que xerou a seu carón víronse reflectidos enormemente estes días.
Obrigada a todas por tanto, por todo o amor, pola comprensión, a axuda infinita para soportar a inmensa dor.
Obrigada á miña familia por estar sempre. Á súa por acollerme.
Obrigada a tantos, tantos amigos bos e xenerosos que Afonso merecía inmensamente.
Obrigada a todos os meus amigos, que espero merecer.

Continuarei, sempre, tentando “mudar a realidade, construir de baixo para cima. Está nas nosas mans”.

Quérote, meu amor.

Foto: Alberto Pombo.

noroeste-628x356

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentas Facebook:

Preme na ligazóm

https://www.facebook.com/patricia.fidalgo.94?__tn__=%2CdlCH-R-R&eid=ARCIt0iUpXWQvI_qevoUr4qRrDJx7HSe0PbIOfuPa6W5b1jkVBuQZ87MpnvplY0Hu-8i8g-CV7lAP_7Y&hc_ref=ARSLkXAOAOUQbUDNBWUPC5wBmL55-3_Hz5bapGzhWQ0ja4VtiSG9-uRqaLkKCDdD1IQ