Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Filme de suspense baseado na hipótese de que Hitler ganhase a Segunda Guerra Mundial. Corre o ano 1964 e Alemanha domina Europa. Cando diversos altos cargos do III Reich xurden mortos, un detective comeza a investigar…

(Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo).

(FILMAFFINITY).

Patria (título orixinal: Fatherland) é unha novela do escritor e xornalista británico Robert Harris, publicada em 1992. Trátase dun filme de suspense ucrónico, ambentado nun 1964 alternativo no que os nazis derrotaron á URSS e Gran Bretanha, converténdose nunha superpotencia que fai unha Guerra Fría con Estados Unidos. Nela vense diversos pontos em xeral con obras coma 1984 (George Orwell), O home no castelo (Philip K. Dick) e SS-GB (Len Deighton).

No 1994, a cadea norteamerican de televisión HBO produciu un telefilme protagonizado por Rutger Hauer e Miranda Richardson, que inclúe varias alteracións con respeito ao libro. Tamén, a BBC Radio realizou unha versión seriada da novela.

A historia comeza no abril de 1964, nunha Alemanha baixo a estrutura do Terceiro Reich. A trama céntrase en Xavier March, un detective da Kriminalpolizei (unha subdivisión das SS) que investiga a morte de Josef Bühler, un importante xerarca do réxime nazi no Havel, nos arredores de Berlín, durante as celebracións polo 75 aniversario do führer Adolf Hitler. Ao descobrer máis datos, March decátase que atrapouse nun escándalo político que involucra a altos funcionarios do NSDAP, quen som,ao semellar, por sistema asasinados. De feito, tan cedo coma o corpo é identificado, a Xestapo reclama xurisdición e ordea á Kripo pechar a investigación.

March conhece a Charlie Maguire, un xornalista estadounidense que traballa pra o The New York Times, que tamén dicide investigar o caso. Ámbolos dous viaxan a Zúric pra pescudar nun banco privado suízo as contas dun dos oficiais asasinados. Na derradeira instancia, os dous descobrerán a horríbel verdade tras dos asasinatos: A Xestapo istá a eliminar aos amais funcionarios que planificaron o Holocausto na Palestra de Wannsee do 1942. Con iste plan, queren atopar a forma de agochar os crimes do réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial que sexan descobertos, e así salvaguardar unha vindeira xuntanza entre Hitler e o presidente estadounidense Joseph P. Kennedy, a cal quere atopar unha distensom na guerra fría xermano-estadounidense, e conquerir ca os Estados Unidos apoien o mínimo ás guerrillas soviéticas que aínda mantenhen a resistencia darredor da Alemaña nos Urales, enfrontamento que dana á econhomía xermana. Maguire diríxese a unha neutral Suíza coas probas, agardando publicala no The New York Times. emporiso, March é denunciado polo seu fillo de dez anos e despois detido pola Xestapo.

Nos sotos do cuartel xeral da xestapo, March é torturado a esgalla, mais non fala a localización de Maguire. O xefe da Kripo, Arthur Nebe, finxe un rescate coa intenzom de que ao seguirlle o vieiro a March, lógrese situar a Maguire cando xúntense en Waldshut-Tiengen, na fronteira xermano-suíza. March decatase do que istá a ocorrer e diríxese a Auschwitz, levando os seus persecutores na dirección errada.

A Xestapo vai a por March nun lugar indeterminado do completamente desmantelado campo de exterminio de Auschwitz. Convencido de que Maguire cruzou a fronteira cara a Suíza, March tenta atopar alghuna sinal de que o campamento foi o lugar no que se daba morte aos xudeus. Mentres, os axentes da xestapo comezan a arrodealo. Satisfeito tras atopar algúns ladrillos enronhecidos (non fica claro se som un anaco dun muro do campo ou mesmo dun forno crematorio), saca a súa Luger e encamínhase a unha batalla que non pode ganhar.

FONTE WIKIPEDIA.

(Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo).

Diretor

Fonte escrita da man de https://www.filmaffinity.com/