Levo décadas ollando de esguello nas fotos e tódala vida mercando roupa de segunda man, herdando dos meus queridos amigos e cunhadas que o saben e que me dan tódolo que xa non usan e atopando nas moreas do mercado porque non tinha cartos e agora porque non tenho cartos e paréceme que hai moita roupa neste mundo pra facer máis… (Xa sabemos todos no estado e coma istá o percal da roupa…) Case sempre tento mercar perto porque se contaminho durante o envío tampouco serve de moito… Mais ás veces non podo resistirme e merco fóra. Eiquí coa minha camisola de BMX favorita dos anos 90 e cunha chaqueta de coiro de segunda man de Vinted impolutamente nova (benzóns á francesa que ma mandou por unha cantidade pra rir con doce engadido pra os bos desexos…). A parvada dos prezos nas tendas de segunda man chulas, tampouco a entendo, e non merco vintage, a min súame… xa son moreas de vintage eu mesma.
#mirandodeladoalamoda #diciendonoacontaminarconmasropa #daatuamigaloquenotepongas #laropatienemuchasvidas
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.
TÓDALAS FOTOS DA AMN DE PAT ESCOIN.