Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
  •  
    Sitio web

    Contacto

    Avda dos Bosques 14. 15142-Arteixo. Tf: 634 564 562 Correo: ateatral@gmail.com

    Teatro-Escola do Paso de Valverde

    A Asociación Teatral Paso de Valverde foi creada en Arteixo en 2006 funcionando como un espazo de investigación e búsqueda do feito teatral baseado na proxección do corpo e da voz no espazo escénico. As principais vias nas que Paso de Valverde traballa son: investigación, creación e formación, as tres abordadas coa firmeza de quen pretende brincar como fan os nenos: con toda seriedade.

val1

SANATOS (teaser)
Publicado el 8 feb. 2013

Asociación Teatral Paso de Valverde 2012

Drammatico

Espectáculo cómico e tráxico para maiores de 14 anos. A familia dos cómicos italianos I Fratelli Fratellini chega ao noso país coa sua aposta máis arriscada: por vez primeira na história da compañia apresentarán un espectáculo dramático. Duas xeracións de artistas do mesmo sangue levarán aos palcos unha historia onde o amor morre cedo e a miséria vai cimentando os ocos das relacións familiares. Unha historia de fracasos e ódios non tan lonxanos como quereriamos pensar

Drammatico

Subido el 20 mar. 2010

Un dia no Circo

Espectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheio de ilusión e de máxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz que gosta especialmente do circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada…

Un dia no Circo Teaser
Publicado el 18 feb. 2013

Asociación Teatral Paso de Valverde 2009

Adeus Kantor

Conferencia-Espectáculo sobre a Arte do Actor. En ADEUS KANTOR mostramos o traballo interno que realizamos na ATPdV: Un mestre e uns alumnos van encontrando ferramentas dentro de sí própios para construír unha dramaturxia corporal fuxindo de caer na psicoloxia e no “servilismo que o teatro practica respecto á literatura”. A conferencia remata cun coloquio entre os actores e o público.
Adeus Kantor
Publicado el 4 mar. 2012

Conferencia – Espectáculo sobre a Dramaturxia do Actor

EQUIPO.

MARIA MIRANDA
MARIA MIRANDA
MANUEL de EVA
MANUEL DE EVA
BELÉN MARIÑO
BELÉN MARIÑO
Xavier Ramilo
XAVIER RAMILO

 

 

 

 

 

 

 

 


val2 val4

https://www.facebook.com/pasodevalverde?lst=1253241583%3A1344643633%3A1481143769