Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Blues do vello caminho de ferro
Cal cafeteira italiana fervendo
Rebufa o tren á súa chegada,
É unha estación samaritana
O lume en extinción,
Unha vella amiga que conhece
A pel cuarteada das ganhas.
Ise ferro, outrora veloz,
Ten paixón de poldro alazán,
Sonha con percorrer vieiros infindos
A toda máquina,
A toda velocidade,
Mentres, unha bágoa de cocheiro
Lava o carbón da derradeira viaxe.
Férreas lembranzas cínguense ao tren,
Despois,
A lus fica,
A vida é a sobranceira homenaxe.
© Paris Joel
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.