Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Paris Joel
18 de Novembro 2024
O meu Unicornio
Perdinte e atópome nas praias baleiras,
Á beira de farois absurdos, goras de bicos clandestinos
Enfronte de horizontes infindos os que endexamais chegarei,
E piso arqueolóxicas vías de do caminho de ferro orfas de trens.
Perdinte, coma a amnesia quere atopar un verso,
Coma a afasia tenta asubíos,
Coma, irremediablemente, pingan os recreos.
E o pior, é que non sei coma atoparche,
En que momento chimpastes
Dista carroza puída
Pola erosión dos elementos.
Mais, non importa, nalghún momento,
Un unicornio azul a todos perdéusenos,
E, aínda que pareza unha canción,
É un bo comezo.

©Paris Joel

TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

 

Paris Joel

FACEBOOK