Incurábel
Agora só som isa folla que, esquiando polo ar,
Déitase no teu colo.
Agora elévome polo outeiro do teu riso,
E un sol de mel adoza a minha ollada,
Facendo da minha lama poesía.
Agora non hai tempo, nin reloxos, nin cadeas, nin engrenaxes, nin metralla,
Nin bandeiras…
Só o ceu espido,
Que mirar déixase
Coma alfombra en movemento
Con destinho a países perdidos,
E nós, amnésicos e sen mapas,
Sabemos coma bos perdedores,
Da nosa orfandade
Hemofílica,
Incurábel.
#poesia #poemascortos #poemasdeamor
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO
