Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Mais dín que cando o coñeces,

o mundo dende a cama refluxe sobre si.

Bendito o descaro do amor,
os excesos sen represión,
a cascada de sentimentos
e as folerpas de agridoce paixón.
¡Acouga! Non teñas saudades.
¿E logo temes o bo sentir?
¡Mundo controvertido! ¡Comeza e deixa vivir!
Agrio, amarelo, froito da natureza
dúas metades incomprendidas amándose entre si.
A cama desfeita, os corpos espidos, as linguas desvergoñadas, os silencios ardentes, as contras cómplices, as luces a medio acender,…e un rumoreo no aire pra nós.
Segredos, repousos do pracer. A paixón coa que se practica o máis sinxelo da vida, o amor ao pracer.
« A árbore do amor»
Pensamento.
Muda quedei ante a túa presenza, troquei o que prentendías dicir e o son sen armonía que flúe de ti…
¡Palabra, etiqueta, cuño! ¿Que insinúas? ¿Que eu non poido ser así?
«El non é meu, tampouco súa son eu, o noso é temporal. Somos un préstamo voluntario de momentos inesquecibles que quizáis…poderían durar a vida enteira»
O xeo preto ao corazón envolveo coa súa auga tibia.
Sorrisos do pálpito. Nada é frío as miradas duns pulmóns cheos de osíxeno.
Firma a gargallada con vida eterna.
Xa ben o dicía o noso veciño:
Meniña, pra as sapas, neste mundo creáronse os sapos. E…¿sabes que día é?
Si, é hoxe. O meu día preferido. Respondinlle.
“Vivo nun camiño de ilusión”
Descrición da foto non dispoñible
No chan rompeu.
Caeu e a cachos quedou.
A auga esparcida
regatos como veas de sangue
e a auga marchou.
As flores secas, sen vida
mortas de dor.
Namentres, nos pés,
como agullas os cristais cravados
e ti alimentando a dor.
Estragado todo un sentimento
por mor de tanto rancor.
Non nacín pra estar enfrascada,
pra non vivir sen amor.
Ti sen min, eu ao meu son.
«Bagoas cristalizadas»
Descrición da foto non dispoñible
E ahí a confesión.
Destapo un dos meus pequenos segredos…
Nunha pota valeira
tres doses de sorrisos,
o cheiro fresco dos fieitos,
a noite por ti acendida,
o brindis espido nunhas cuncas de viño,
[….]
¡Pecha! ¡Ponme o tello!
Non me colle máis dentro de min.
Vou poñer todo de min
remerxer o perfume dos meus sentimentos
cocelo a lume lento
e logo compartilo contigo, meu desexo.
“Pola fartura dos bos momentos co silencio mellor compartido”
A imaxe pode conter: 1 persoa
Carta a súa elección.
Un almorzo con nós, corazóns acabados de saír de cada novo latexo; coas mans collidas, fervendo e con moito azucre, miradas cómplices a tragos sen repouso…e a conta, ¿A cargo de quen?
Esquecémonos do mundo, mirámonos. ¿E se seguimos polos aloumiños?
¡Bon martes!
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, flor, ao aire libre e natureza
Vivindo polo camiño do sentir.
É ela, esa mesma, a multitude. Esa que contamina e a tantos outros non deixa saír…¡Ti! Ti non serás quen estrague o meu xardín.
Xa o cheiro. Unha alma irmá.
Ti diante. Adentrémonos como as flores que naturalmente serán as estrelas acendidas do porvir.
Amo a simplicidade unida polo derradeiro sentir.
Descrición da foto non dispoñible
Xa é hora de estricar as sabas.
Erginme con ganas. Coa xanela aberta asomei os sentidos e a brisa saudoume.
Un desexo máis.
Vou regalos todos con amor.
¡Bos días!
Descrición da foto non dispoñible
“Mundo. Cama da miña vida”
Transeúntes. Ánimas escualidas, corpos frondosos, corazóns abrazados, miradas alumiadas. O libre mercado do verdadeiro amor.
A esa, a esa non a deixes fuxir. Mais ti escolles.
Vivir coa libertade tan só asusta por non ser unha veciña coñecida.
Recorda. Todos somos grises ata que atopamos con quen colorearnos.
Descrición da foto non dispoñible
Hai veces que un atúrdese e non ve a luz…
A luz, man amiga, meu apoio. Perdóame por non querer verte. Síntote e sei que estás ahí.
Cos pés na area, embestidos de salitre…¡Agárrate! ¡Bailemos!
Estás donde precisas estar, tan só respira miña ilusión.
Descrición da foto non dispoñible
E camiñar cos ollos vacíos ardentes de imaxinación.
Pero, ¿que hora é?
Hora de comezar a vivir unha nova ilusión.
(Declaro o dereito da libertade da imaxinación.
Fora recordos, doses de riscos e moita resaca do que a berros che pide o corazón.)
¡Bon domingo!
Descrición da foto non dispoñible
” El amado no se alecciona, se le observa, no se le transforma, se le ve crecer y no se le conduce, se le acompaña” Valerie Tasso
A idade é unha ventaxa. Mañá podesme ensinar como chegaches a meta ou…¡Depende! Son galega. Pois pudeches pasar moitas veces por min e nunca me ver.
Auga turbia, peito prepotente, cáscara valeira chea de odio e ti, orgullo…¡Todo escoria! O alimento emporcallado dos flacos.
Logo, un corazón latente. Ese que é el mesmo. Ese que berra, que se hincha, desinfla e pide perdón. O que latexa co verdadeiro e salta coas emocións.
Mais agora, deixo a miña porta aberta. Ao lonxe, eses pensamentos nosos con desexo de voltar, durmirán xuntos unha vez máis.
Unha nace na terra, aliméntase do regadío e medra coas longas tardes de sol.
Entre as costas naceume un burato na alma e sin decir nada, vaiseme o corpo por el.
Agora que xa sabes tanto de min, saberás que os mundos prohibidos teñen un poder de atracción. 😉
¡Boa tarde!
Descrición da foto non dispoñible
Tarde de inflexión rematada con arte.
E debuxo un punto final.
Arte…pode ser ou non bonita pero ela si se deixa sentir.
Daquela vou comezar por unha nova etapa con ganas. Ganas…como me gustan, esas que ferven dentro de min.
¡A escaldarse! 😉
Pasar una día mollado despois dunha noite profunda e abrigarse baixo os destellos da túa voz.
Camiñantes da beira do mar, cómplices da mesma cunca de viño e amantados coa frescura do teu corazón. Dous implicados na mesma proposición : “a próxima aventura sen cinturón”
PDT: Firmen tódolos vivintes desenfrenados deste vagón. 😉
¿Promesas?
¿Amarras, ataduras, nós e soltas?
Libérome, quero surcar os mares con resaca. Navego no meu barco de azucre zarandeandome contra vento e marea sacudindo as entrañas. ¿Seguímonos?
Como me gusta este mundo. Non descansemos antes de cansarnos.
Descrición da foto non dispoñible
Hai veces que as lascas de madeira,
daquela árbore sen pulir,
crávanse no pensamento
ata que a dor non se deixa
de sentir.
¡Malferida! ¡Señorita da escravitude!
Non te fíes, a morte a ti tamén te aloumiña.
Tropeza, máncate, arrisca.
Non deixes fuxir o bonito sentido,
a coraza do orgullo mata o vivido.
Sorbos do momento da vida, sen que a dor magoe o vivido.
O xuízo do arrepentido non está perdido.
«Vivir o sentido»
Descrición da foto non dispoñible
¡Sinto nauseas dos delirios!
¡Incomódanme algúns dos sentidos!
¡Extravíame o sono ese foraz ser vivo!
¿Mais que podo facer?
Está dentro de min.
Nace cada día en cada despertar
arríncame con coraxe e sacúdeme o pesar.
Unha loita día tras día
conmigo, ante min.
O meu lugar está en sequía,
vivo con sede sen pestañear.
A vitoria naceu pra os vencedores
e a guerra coa espada en alto achegase ao final.
” Loita sin cesar”
Descrición da foto non dispoñible
Paz mental, satisfación sexual, equilibrio emocional e libertade intelectual.
E agora…chega o outono…¡E todo en descontrol!
¡A vivir! ¡A esmendrellarse coa vida! ¡Jajaja!
Descrición da foto non dispoñible
“Nadar non sei, balbuceo coa coraxe”
¡Vendo maniotas de moitas pisadas a custo do atrevemento do corazón!
A imaxe pode conter: texto e ao aire libre
– Senta aquí. Mira o mundo.
E o corazón bombeoume con frenesí, a pel espertaba a pálpitos e os pulmóns en silencio sufrían o encanto do resplandor.
-Non digas nada. Coidemos este doce silencio.
Descrición da foto non dispoñible
Un conxunto de rarezas…
refuxian o meu xardín.
Silvas nas macetas,
toxos no salón,
cheiro fresco pola fiestra
e café con sabor a emoción.
¡Un sin fin de disparates!
Eu, a miña persoa e o meu corazón.
Complicada ante todo pero toda eu espida.
Si, espida, pois non agardo aceptación.
Encendida a fogueira, nós
e o mundo ao noso carón.
(Nós: mundo que tropeza e non festexa a humana humillación).
Só chámame se te desangras.
¿Non ves que é noite?
Ando pillada pola oscuriade,
tremo co frío da humidade.
Como unha saba vella, áspera
desas gastadas e encoiradas.
¡Que noxo!
Mellor…desángrate.
Ao velorio a ver se podo ir
é que teño a casa empocallada.
“Deshucio de cinzas”
A imaxe pode conter: Planta e ao aire libre
Esperta o apetito.
Teño ganas.
Ardo de fantasía.
Fatígome coa ansia.
E de súpeto…
¡Estoupo!
Cachiños de min mergullados no pracer.
¡Bon día!
(¡Brinco! Gargalladas soan en min.)
Descrición da foto non dispoñible
Cando unha viaxa e deixa de ir a carón da mochila, a volta complícase, faise cruda.
Voltar a transformarse, arroupar as experiencias e regar o crecemento dunha mesma. Pois os pasos andados deixan marca e o gravado non se borra.
Cambalear coas palpitacións, adaptarse a época da muda, medrar coa alma…Iso é a volta.
Cheguei, estou na casa.
“Viaxar, o entendemento máis profundo, o abrazo tan agardado coa alma”
Descrición da foto non dispoñible
Tan só é unha novidade
unha descoñecida descarada que asusta a maioría.
Mais pra min ti eres a dose, a pócima da enerxía.
Por un momento retrocedo.
Crúa, ruda e ácida como o aceiro
a fría crueldade, a espera da volta do vivido.
Xa en min, en pouco tempo
mergullada nos pensamentos quero decirche o que sinto.
Toleas o meu corazón cando estás o meu lado
pois por cada ilusión, medro arrincada desta absurda realidade.
“Guerreiras descontroladas”
Sinto a necesidade
a maxia do posibel
o sorriso desinteresado
a man alentadora.
Sinto.
E sinto porque estou viva.
Viva, con ganas, sen finxir.
(Suspiro)
(Guiño a lúa)
O momento está aquí.
“Agora”
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas, detalle e ao aire libre
Ensinarte con palabras deste mundo
o que partíu de min e foi levándome…
Cos ardores de fervor
coa coraxe pra escaldar
sin rumbo e con bravura…
¡A aventura! ¡Seivoume a despiadada!
Ruda salitre da ansia, ti que navegas sen cordura.
(Remedio caseiro da sedenta tristura 😉)
A imaxe pode conter: 1 persoa
Cando reflexo a tinta dos meus pensamentos,cuspo enriba da mesa o coitelo guerreiro.
Indefensa, inqueda, loitadora e espida. Así se sinte unha cando barbea o pracer da verdade, da lealtade, repartindoo xunto a paixón no mundo mesmo.
A imaxe pode conter: 2 persoas, xente sorrindo, praia, océano, cativo/a, ao aire libre e natureza
Obxetos de papel, reciclaxe de suspiros
e no descanso das escaleiras mondas de desamor.
(Nota: Luns, baldear casa)
Soñándome de novo como cada día. 😊
A imaxe pode conter: 1 persoa
A praia, eu sen calzar
a brisa e os aloumiños do mar.
A lúa sorrinte,
ansiosos penedos que quentan o repouso dun bicar.
Os dous arroupados no deserto da paz
a salitre curiosa, os vivos desexos
dúas almas de amor, o libre amar.
A imaxe pode conter: Planta, ceo, nube e ao aire libre
Olguras nos pensamentos
debilidades en cada paso,
miopía nos sentimentos;
e logo está o aquí, o agora.
Vivir sen menospreciar,
citar en torno a frescura,
aliviar as forzas dos soños;
vivir aquí e agora, sempre vivir.
“Bombeo da sangue”
Descrición da foto non dispoñible
Teño tantas cousas que decir.
No tapiz algunha escribín
e co cheiro endemoniado sucumbín.
Entre a espada e a parede
a liberdade conmigo.
Non sei a onde vou
mais o amencer agarda por nós.
(Amencer: reencontro de puras almas)
A imaxe pode conter: 1 persoa
” Reserva da Biosfera”
Moito aire, aire puro.
¡Non me gusta moi pasada!
Prefíroa crúa, coa sangue encarnada
forte e viva como ruxir da montaña
con salsa salgada, con grumos da resaca.
¡Ese menú porfavor!
No meu lugar, fiera con alma.
¿Pra que escoller?
Voio a toda vela
escupo o ruxir sin peros.
O amor medra.
Poño máis calor a lareira
e a muda da pel comeza.
Rumbo da miña larpeira
( Receita por vida de sobredose de esperanza)
A imaxe pode conter: 2 persoas
Agardando.
Noites en desvelo,
soños eróticos,
pixamas suados
e pensamentos indecentes…
Deses que xorden, inoportunos,
que te sacan as cores
e as máis íntimas partes descobren.
Ganas.
Agardeinas.
A imaxe pode conter: Unha ou máis persoas
Mirámonos sin vernos
dei en caer en ti, tropezamos.
Agora e aquí, sorrimos.
Sen nada que engadir, vivimos.
Ti máis eu, agarimos pracenteiros…
Descrición da foto non dispoñible
“O meu agasallo”
O mellor nunca recibido.
Abroo…
¡Brinco de ledicia!
Co impulso tropezo no chan.
¡ Seivo gargalladas mentres miro ao sol!
E a bruma caeme enriba.
O mellor nunca recibido.
Unha vida chea de aventuras.
Desperto do meu próximo soño…
A imaxe pode conter: 1 persoa
“Fuxida controlada”
Que mágoa.
Pensar os dous o mesmo,
enxaular as ganas,
controlar as distancias
e apartar as miradas.
¿Por que?
¿Para que?
Que mágoa.
Baño de bagoas
empapan o corazón,
arríncannos o momento
pérdese co temor.
Descrición da foto non dispoñible
“Paixón de padales”
Ese momento.
A éxtase flúe
cando máis preto estamos
cando nas nubes nos bicamos.
Despois de todo…¿que mellor pracer que saborearnos?
Descrición da foto non dispoñible
Namemtres ti máis eu mirámonos
e os beizos arrímanse.
¡Maldito círculo vicioso do pensamento!
Presa do teu cheiro…
As trampas do imposibel,
zumbidos que encollen o temor
e follas tempestuosas no ruín desacorde.
Sensacións, humildade do tesouro.
Un vals no seu movemento,
o brindis por enriba do asfalto
e pegadas as pezuñas ao carón do amor.
¿Descentrados?
¡Pasen porfavor!
Un espello, un café e sorrisos de cor.
A imaxe pode conter: 1 persoa
Descentrada pero feliz.
Nace martes e trece.
(Ríome)
Poño algo de roupa
sacudo as tolemias da mochila
e almorzo un viño tinto.
¡Jajajajajaja! (Virus de sorrisos)
“O contaxio”
Descrición da foto non dispoñible
Momentos.
Momento de cores sen bordear.
Momento de pisadas sen esforzos.
Auga pura e cristalina,
momento.
Momentos.
Elevarse coma escuma da insaciable cervexa.
Sentir coa coraxe, fera ruín e salvaxe.
Amar sen acordes,
momento.
Momento de amar.
“Enganchada a vida”
A imaxe pode conter: 1 persoa, detalle
Abrir as contras
e ver que fai bo tempo pra ser feliz.
Batería:
Cargando…
(¡Novas ilusións)
A imaxe pode conter: 1 persoa
Mente indecente
boa compañeira
alma indómita
pecadora e salvaxe.
Apaixonada
revelde sin causa
corazón vermello
ceiba controlada.
Coa man ergueita, aberta…recito:
Endexamáis un é o primeiro elexido
cando loita a favor do seu camiño vivido.