A praia, eu sen calzar
a brisa e os aloumiños do mar.
A lúa sorrinte,
ansiosos penedos que quentan o repouso dun bicar.
Os dous arroupados no deserto da paz
a salitre curiosa, os vivos desexos
dúas almas de amor, o libre amar.
Obxetos de papel, reciclaxe de suspiros
e no descanso das escaleiras mondas de desamor.
(Nota: Luns, baldear casa)
Soñándome de novo como cada día. 😊
Cando reflexo a tinta dos meus pensamentos,cuspo enriba da mesa o coitelo guerreiro.
Indefensa, inqueda, loitadora e espida. Así se sinte unha cando barbea o pracer da verdade, da lealtade, repartindoo xunto a paixón no mundo mesmo.
Ensinarte con palabras deste mundo
o que partíu de min e foi levándome…
Cos ardores de fervor
coa coraxe pra escaldar
sin rumbo e con bravura…
¡A aventura! ¡Seivoume a despiadada!
Ruda salitre da ansia, ti que navegas sen cordura.
(Remedio caseiro da sedenta tristura 😉)
#TaniaYáñezCastro
Sinto a necesidade
a maxia do posibel
o sorriso desinteresado
a man alentadora.
Sinto.
E sinto porque estou viva.
Viva, con ganas, sen finxir.
(Suspiro)
(Guiño a lúa)
O momento está aquí.
“Agora”
#TaniaYáñezCastro
Tan só é unha novidade
unha descoñecida descarada que asusta a maioría.
Mais pra min ti eres a dose, a pócima da enerxía.
Por un momento retrocedo.
Crúa, ruda e ácida como o aceiro
a fría crueldade, a espera da volta do vivido.
Xa en min, en pouco tempo
mergullada nos pensamentos quero decirche o que sinto.
Toleas o meu corazón cando estás o meu lado
pois por cada ilusión, medro arrincada desta absurda realidade.
“Guerreiras descontroladas”