Escarbando no intre,
atopei un sentimento.
Ceo aberto, nós no aire…
É o meu momento.
Pensar canda miña alma
subir de costas ao bulicio
aloumiñar aos viúvos pensamentos.
¿Por que?
Pra min, por min.
É o meu momento.
Erguinme dun soño.
O pracer do desexo,
o abrazo namorado.
Deixei de acostumarme.
Esquecín a noite pasada.
Nacían ataques repentinos de risas
e os saltos eran ao non vacío.
Isto contoumo o meu amigo.
A noite estaba estrelada,
brindamos con puras ganas.
O mundo máis eu,
xuntos baixo o mesmo paraugas.
Firmeza do bravío mar.
Salpicada pola forte ondada.
Fresco andar.
Verde pisar.
Agarimos do meu amor.
O mar.
Bon querer…
Grandes doses de aloumiños
confusións en plena oscuridade
ardentes momentos
inesgotable pracer.
Eres fráxil, doce e esvaradío.
Dasme espazo, deixasme voiar
e pola cume pensas en me amedentrar.
Estás no certo.
Arriscar pra poderte tocar.
(Xuízo gañado)
Desordenar a horma
romper o segredo da dúbida
afastarse de corpos valeiros
destapar unha rúa deserta…
Pero,¿pra que?
Pra un suspiro da túa esperanza.
Estaste a facer dano
e o derradeiro solpor está ahí.
(Con lume no mirar sinala ao corazón)
Un intre.
Esa dor fermentada no estómago
a bomba de osíxeno desbaratada
un caos de frenesí amontoado
un abismo marcado pola infinidade…
Fíos embarullados, anudados entre si.
Quizáis un intre.
Un momento que non sei desfacer.
Quizáis un intre e respirar.
¿Arrepío a estar soa?
Pon as raíces na fervenza que esperta contigo cada día de vida.
Sentirse tan libre como cando se escriben esas novas palabras, sen importar a revolución das incertezas.
E voltan recordos xa pisados,
bicos na meixela xa mortos,
aloumiños desgarrados de amor,
pensamentos impuros no meu corazón.
Toca afastarse.
Unha non esquece, non estraña
non sinte o algunha vez vivido.
Esgotamento do vaivén das mareas.
Afastarse pola metade do camiño.
¡Vaise! Estase indo…
Vivir a medias aínda non é vivir.
Cheiro puro
novo vestido.
Xanelas frescas
alma espida.
Benquerida primavera…
Se remiro a lapela da camisa
o mar está en calma.
Mar morto.
Os botóns da desgana a un intre de reventar
velahí un gran vendaval.
Enganoso pra quen non o coñece
pois está vivo e non en paz.
Loitador sen cesar.
Mareas das vivas.
Pasa unha estrela fugaz.
Esparcido o puñado de moedas,
cruces méndigas, vaise o material.
O ceo segue a alumiar.
Estrelas canda o meu andar.
Comunicado oficial:
Apaixonadamente curiosa.
¡Probando, probando!
Punto de encontro de inspiracións.