ARTIGO DE SERMOS GALIZA:
Non houbo surpresa e a Xunta Eleitoral de Gipuzkoa comunicou esta cuarta feira a EH Bildu que o seu líder, Arnaldo Otegi, é “inelixíbel” nas próximas eleccións ao Parlamento vasco.
Por súa parte, a liña de defensa de Íñigo Irún, o avogado de Otegi, é que na sentenza da AN non se especificaba a que comicios non se podía apresentar o líder da esquerda abertzale. EH Bildu entende, a maiores, que Otegi xa cumpriu a pena accesoria de inhabilitación para o sufraxio pasivo -isto é, para ser elexíbel- durante os seus anos en prisión. Otegi abandonou a cadea o pasado 1 de marzo.
A esquerda abertzale ten agora dous días para apresentar alegacións a este fallo da Xunta Eleitoral de Gipuzkoa.
Todo indica que o asunto acabará sendo dilucidado polo Tribunal Constitucional.