Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Hai no proceso da escrita un perderse dun mesmo para atoparse noutro lugar, unha viaxe sorpresa, unha reordenación territorial das nosas cavilacións, unha escoita intuitiva do silenciado, un aforro en terapias, un caixón no que abrir diferentes finais posibles e un salvoconduto para regresar á nenez. Busquei todo iso mentres escribía estes relatos sen saber a onde me levarían entre a primavera do 2021 e a do 2024, sentíndome como un funámbulo que percorre o arame sostido por fíos invisibles.
Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia.A totalidade dos textos médicos escritos son lecturas imaxinarias da realidade que vivo cada día como doutor na orquestra do Titanic da Medicina de Familia.
Este feixe de historias naceron dunha escoita constante na consulta que pode ser parte da cura, “sei que estou mellor porque ás veces son capaz de sentirme como a persoa que algunha vez fun”.
Os médicos tamén enferman, editado por @alvarellos_editora, comezou a distribuírse nas librarías de Compostela estes días e chegará ao resto do país entre esta semana e a que ven. A primeira das presentacións terá lugar en Santiago na Numax o vindeiro 10 de Abril ás 19 horas, onde estarei acompañado pola Médica de Familia (e amiga) Flora Miranda Pena e polo meu editor Quique Alvarellos
Estades convidadas 💜🩺