VERBAS DA IRIA TAIBO
Os galegos e galegas emigradas tamén teñen dereitos lingüísticos. A Lei de Normalización Lingüística establece que o goberno galego debe facilitarlles acceso á nosa lingua e cultura. Os centros galegos deberían exercer ese papel.
Alén diso, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ten toda unha área destinada á emigración. Porén, nos máis de 20 anos que transcorreron desde a súa aprobación apenas se puxo en marcha ningunha das medidas que propón.
Parece que o goberno galego non ten interese nos dereitos lingüísticos das persoas emigradas. Porén, si que poden gastar 120.000 euros nunha festa con paparota para acompañar a última visita de Rueda a Suíza.
Preguntamos no Parlamento que medidas teñen previsto pór en marcha para que o galego estea presente, por exemplo nos trámites dos consulados.
FOTOS IRIA TAIBO DA MAN DO SEU FACEBOOK

