Océano Eskizo
“O mellor de cada casa” Banda formada polo mellor das bandas crunhesas de onde carallo van a parare
Banda formada a raíz das dúas bandas mais lembradas da escena rock crunhesa Radio Oceano e Eskizos
Océano Eskizo irrompe cun tema que reivindica a Luigi Mangione
Que pasaría se integrantes dos máis recordados grupos da historia da escena coruñesa se xuntasen para facer a música rock que sempre lles gustou? E pode unha banda xurdir do impulso de querer protestar contra unha inxustiza evidente? O que sucedeu sorprenderáche: pasou. Ou mellor aínda: está pasando (as dúas cousas).
Jonhny Rotring, a voz de Radio Océano; Pedro Granell, o líder de Los Eskizos e de Kozmic Muffin, agora en Hormigonera; Ricardo Saavedra, fundador no seu día de Deluxe e na actualidade en Meu; Beni González-Dans, ex integrante de Viuda Gómez e Sporting Transilvania; Luis Jarri, batería de Eskizos e agora de Hormigonera (en resumo, o mellor de cada casa) xuntáronse para compoñer un tema dedicado a Luigi Mangione, o mozo que vingou a milleiros de persoas dos EUA que morreron pola letra non tan pequena do contrato do seu seguro médico. E, ao tempo, comprobaron que se pode mesturar con fluidez e potencia a ironía e épica oceánica coa a forza guitarreira eskizoide e power-pop-punk.
Unha mestura tan natural que, en pouco tempo, produciu xa catro temas, gravados en directo no propio local de ensaio e agrupados co título máis que axeitado de Demos no soto:
Johnny Rotring: Voz
Ricardo Saavedra: Guitarra
Pedro Granell: Guitarra, coros
Beni González-Dans: Baixo, coros e ouveos
Luis Jarri: Batería, coros
Guitarra en Festa en Carballo: R. Trigo
Gravado por Lucifixión o 14 de xuño de 2025
Fotos e Vídeos de Isa Romero e Sol Mussa.
Contacto +34 672 241 207 / +34 606 54 30 66
oceanoeskizo@gmail.com
https://www.facebook.com/profile.php?id=61577969553199

