Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

COMUNICADO OFICIAL:

A situación dos locais que programamos habitualmente música ao vivo en Compostela é realmente insostible. No Ultramarinos levamos realizando actividades culturais ao vivo dende que abrimos, fai 7 anos. No último mes tivemos dúas “visitas” da policía local. Dada a situación decidimos CANCELAR a programación indefinidamente ate que a situación se resolva. SENTÍMONOS perseguidos, por realizar unha actividade que vén sendo habitual dende hai moitos anos en Compostela, que forma parte da vida d@s compostelan@s e que cremos necesaria para a dinamización económica, social e cultural da cidade. QUEREMOS que se deixe de poñer a lei e as normativas como desculpa. As leis están para cumplilas, por suposto, pero tamén están para modificalas se non se axustan á realidade e, neste caso é evidente que necesitan unha revisión urxente. NECESITAMOS vontade política para poder cambiar as cousas e que a situación se regule e se normalice dunha vez. NEGÁMONOS a que se nos siga tratando como se fósemos delincuentes por programar actividades culturais ao vivo; e a que se pretenda confundir á xente (de maneira totalmente intencionada) dicindo que o problema dos ruidos é dos concertos. FAINOS GRACIA que se pretenda vender esta cidade como unha capital cultural ao mesmo tempo que se persigue e se machaca sistematicamente ás iniciativas privadas e independentes que pretendemos facer de Compostela unha cidade viva, dinámica, divertida e realmente cultural. JÓDENOS profundamente vernos na obriga de ter que cancelar a nosa programación, pero agora mesmo non podemos asumir o risco que supón… SEGUIREMOS traballando coas compañeiras e compañeiros da Asociación Cidade Vella e da Plataforma Compostela Territorio Musical para a solución definitiva deste conflicto.

#amúsicanonéruido #CompostelaTerritorioMusica