Riot grrrl
Riot grrrl | |
---|---|
Orixe musical | punk rock, pop punk, indie rock, girl groups, rock alternativo, grunge |
Orixe cultural | principios dos 90 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, batería |
Subxéneros | |
kinderwhore | |
Xéneros de fusión | |
digital hardcore | |
Riot Grrrl (ou Riot Grrl) é un movemento musical feminista que tivo o seu esplendor na década dos 90 pero que continúa tendo unha significante influencia na música e cultura actual. O termo Riot Grrrl é tamén a designación dun xénero, referido á música punk rock feita polos membros iniciais do movemento. Tamén pode referirse aos individuos auto-proclamados Riot Grrrls, que continúan promovendo a subcultura punk feminista do “faino ti mesmo” creando bandas de mulleres, festivais de música centrados nas mulleres, reunións e publicacións independentes ou fancines.
Historia
A pesar de que o movemento Riot Grrrl comeza a principios dos 90, músicos como Yoko Ono, Patti Smith, Penelope Houston (The Avengers), X-Ray Spex, Crass, Joan Jett, The Slits, Beat Happening, Kim Gordon (Sonic Youth) e Jean Smith son a miúdo citadas como importantes influencias do movemento. O post-punk inglés, a escena dos anos 80 en Olympia, as bandas de mulleres dos 60 eran outras influencias. Os usos e significados do termo Riot Grrrl evoluíron co paso do tempo, pero as súas orixes pódense remontar aos disturbios raciais no barrio Mount Pleasant de Washington, D.C. na primavera de 1991.
Links
A VIDA DE KATHLEEN HANNA.
A cantante punk: The Punk Singer (2013) (escrita en castelán)
Kathleen Hanna, nada en Portland o 12 de novembro de 1968, é unha roqueira, activista e escritora estadounidense.
Foi unha das fundadoras e cantante do grupo de punk rock Bikini Kill a principios dos anos 90 e actualmente forma parte do grupo de música electro post-punk Le Tigre, de carácter tamén feminista. En 1998, Hanna editou un disco en solitario baixo o nome de Julie Ruin. Hanna tamén escribiu sobre o feminismo e a arte, e colaborou cun gran número de músicos, aparecendo en discos de Atari Teenage Riot, Joan Jett, The Rickets, Green Day, Internal/External ou Mike Watt.
Kathleen Hanna con Bikini Kill en 1996.
|
|
Nacemento | 12 de novembro de 1968 (54 anos) |
---|---|
Orixe | Portland, Oregón |
Cónxuxe | Ad-Rock |
Ocupación | músico, activista, escritora |
Relacionado con | Bikini Kill, Le Tigre, Julie Ruin |
Na rede | |
http://www.kathleenhanna.com/ | |
Álbums de estudio | |
---|---|
EPs | |
Recompilatorios |