Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O festival Revenidas, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán, porá a venda 500 abonos para fieis, mesmo antes de dar a coñecer o seu cartel.

Os abonos poderán mercarse a partir das 12.00 horas do martes 2 de xaneiro na web www.revenidas.com. O excepcional prezo destes 500 primeiros abonos será de 46 euros máis gastos de xestión.

As persoas que merquen esters abonos tamán poderán xa reservar a zona de acampada dende a propia web, abonando o suplemento correspondente

Aínda que o Revenidas non avanzou aínda ningún dos nomes que conformarán o seu cartel, o festival manterá a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.

OITO CANDIDATURAS NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS

O Revenidas ven de ser nomeado en oito categorías dos Iberian Festival Awards.  O festival de Vilaxoán é candidato ao

–       Mellor festival de tamaño mediano

–       Mellor promoción turística

–       Mellor programa cultural

–       Mellor estratexia de comunicación e márketing

–       Mellor concerto en directo de España e Portugal: Dakidarría

–       Mellor fotógrafo de festival: Christian Pérez

–       Mellor cobertura de vídeo: Xoán Tourís

–       Mellor festival lusófono e español

A gala de entrega de premios da oitava edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada o 15 de marzo. Os candidaturas poden ser votadas ata o 17 de xaneiro na web do festival (pt.surveymonkey.com).