O CORÁN
O Corán é a escrita sacra do Islam. Os musulmáns considérano a verba de Deus (Allah) revelada ao profeta Mahoma (Muhammad) a través do anxo Gabriel (Yibril).
Mahoma naceu nunha das tribos máis influentes da Meca. Quedou orfo con seis anos (o seu pai morreu denantes de que nacese), e criouse, primeiro co seu avó, e logo co seu tío. Dende mozo traballou coma pastor e comerciante, e con 25 anos casou cunha viúva rica de 40, coa que tivo varios fillos, pro só Fátima chegou a idade adulta.
Mahoma recibiu a primeira revelación do Corán no ano 610 d.C., cando tinha 40 anos, mentres meditaba na Cova de Hira, nos arredores da Meca. Entón amosóuselle Gabriel e ordenoulle: “Recita”. Pro coma Mahoma era analfabeto, respostoulle que non sabía. Gabriel insistiu dúas veces máis e entón Mahoma comezou a recitar.
As revelacións segueron e Mahoma comezou a consellar entre os seus familiares e amigos. Ao pouco ganhou adeptos mais o monoteísmo e o rexeitamento da idolatría que espallaba desafiaba as estruturas sociais e económicas, especialmente o comercio vencellado ao santuario da Kaaba, que abranguía múltipeis ídolas.
En 622 d.C. a crecente persecución levou a Mahoma e os seus siaeiros pra emigrar a Medina, un evento conhecido coma a Hégira. Iste momento sinala o comezo do almanaque islámico. Alí converterase en líder relixioso, político e militar. Tamén estableceu un pacto pra unir ás tribos árabes e xudías baixo unha nova comunidade (Umma), rexida por principios islámicos. Despois de dispares campanhas militares, no 630 d.C., Mahoma e os seus siaeiros tomaron A Meca, sacramentando a Kaaba coma lugar de culto ao único Deus.
Mahoma recibiu revelacións de Gabriel en diferentes lugares ata o día da súa morte (632 d.C.). Estas chegábanlle en estado de transo, mentres meditaba, ou mesmo durante atividades cotiás, coma caminhar ou parolar. Entón recitaba os versos revelados aos seus siaeiros, quen os memorizaba e recitábanos decotío. Alghúns os escribiron en follas de palma, pergaminhos, omópratos de animais, pedras e outros materiais, motivo polo cal non se puideron ordear cronoloxicamente.
Aínda que o árabe preislámico era unha lingua rica e complexa, cando se escribiu o Corán a súa escritura aínda non estaba completamente estandarizada (era unha lingua eminentemente oral). Escribíase usando un alfabeto derivado do nabateo, que carecía de moitos dos elementos que hoxe facilitan a leitura e interpretación, coma os pontos diacríticos (pra distinguir letras parellas) e as sinais vocálicas (pra denotar as vogais curtas). Estas eivas deron lugar a dispares leituras ou interpretacións. As comentas coránicas (tafsir) naceron, de feito, pra dirimir estas ambigüidades.
Durante o califato de Uthman ibn Affan (644-656 d.C.), estableceuse un estándar pra a escritura árabe, momento en que se recompila o Corán nun só volume e ordénase destruír versións alternativas, o que suxire que había certa flexibilidade na transmisión da escrita.
O Corán estrutúrase en 114 capítulos ou suras, cada unha dividida en versos chamados afastas. Hai dous tipos de suras, as escritas na Meca, enfocadas en cuestións teolóxicas, espirituais e universais, e as escritas en Medina, centradas en aspectos legais, sociais e políticos. As suras ordénanse pola súa lonxitude.
Na foto hai dúas edicións: unha é a tradución oficial pra España e América Latina, revisada por teólogos e licenciados en dereito das universidades da Meca e Medina; a outra é unha versión non comercial (non e doado de acadar) cunha tradución máis literal. A pesar de que o Corán espalla unha mensaxe de xustiza, compaixón e misericordia, as diferenzas som profundas, aínda que a primeira é amábel e cunha linguaxe temperada, a segunda é máis estrita e aprésente pasaxes controvertidos.
Cando comezou a persecución dos primeiros musulmáns, un fato deles —entre os que estaba Jafar, curmán de Mahoma— emigrou a Abisinia (hoxe Etiopía), atopando refuxio baixo o abeiro do rei cristiá (Negus) dese país. Cando os perseguidores pediron ao rei que llos entregasen, Jafar recitou a Negus a sura de María, na que se reconhece o nacemento milagreiro de Xesús e preséntao coma un profeta honorábel enviado por Deus, aínda que non coma o seu fillo no senso literal. Fondamente abraiado, e ollando o respeito que amosaban pola fe cristiá, Negus negouse a entregalos.
TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO
ESCRITA PRO PEPE CHAS
(CALQUER ERRO, FALLA, HIPERGALEGUISMO, HIPERENXEBRISMO, GALEGO CEIVE E INVENTOS DAS VERBAS COMA CRIMES DA ORTOGRAFÍA ORTODOXA CULPÁBEL E CONFESO RUBEM NOVO COMA RESPONSÁBEL DA ACIO)