Foto da man de www.wikipedia.com
Iste documental conta a historia de Sid Vicious e Nancy Spungen, dúas iconas do Punk Rock cuxa relación estivo sinalada por excesos, rifas e un tráxico remate. A finais da década de 1970, os Sex Pistols convertéronse no apoxeo do símbolo da reveldía, e Sid personificaba isa atitude coma ninguén. Trás de a súa imaxe aguiollada, a súa vida persoal era caótica, e a súa relación con Nancy só intensificou ise descontrol. Entre xeiras caóticas, conflitos e adicións, ámbolos dous segueron un caminho do máis inestabél, ata que un acaecemento nun cuarto de hotel trocouno todo. As conxunturas dese episodio seguen envoltas en dúbidas e teorías. Neste documental, revisamos os feitos, o zoupe da parella na escena punk e os acontecementos que fixeron desta historia un dos capítulos máis enleada da música no Londres.
Foto da man do Steve Emberton.
UNHA ACHEGA DE https://www.youtube.com/@HuesosPerdidos
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE POLO RUBEM NOVO.


