Hai aproximadamente tres anos que decidín que non precisaba pór unha prótese externa para que o resto da xente non vise que me falta un peito. E non foi por ningunha campaña publicitaria encuberta cunha falsa intención de dar visibilidade ao cancro de mama, foi grazas a mulleres como @tetayteta, @nosolounlazo, @savethemama ou @tocatelastetas.
Así que, para min, nada de loitadoras que se curan grazas á súa forza, nin de aproveitar unha doenza para beneficiarse, lanzando ademais unhas mensaxes estereotipadas e falsas do que significa ter cancro. Eu teño sorte (e sanidade pública) e estou ben, mais non sempre é así e iso non significa que a doenza non teña outras consecuencias que van estar aí sempre, independentemente do estado de ánimo e dos laciños rosa. #MenosRosaMáisPancartas #MenosRosaMásapancartas
Foto cabeceira da man de https://www.bbc.com/
Foto adentros Iria Taibo da man de Iria Taibo.