UNHA IFORMACIÓN DE BIBLOS CLUBE DE LECTORES.
Moitos amigos e unha gran festa chea de humor e música celebraron o luns pola mañá o terceiro aniversario da Libraría Biblos de Betanzos. Primeiro, o local encheuse sobre todo de nen@s que o pasaron bárbaro co Pequeno Cabaret Infantil de Nelson Quinteiro, aínda que tamén nais e pais estiveron moi participativos e contribuíron a que o espectáculo fose certamente divertido. Despois viría o turno do blues galego con O Cadelo Lunático na praza da verdura, un magnífico concerto que foi posible grazas á colaboración do Café Lanzós e no que con Javier Prado estiveron tres músicas extraordinarias Olalla Ferga Belém Tajes Maritxinha Inha que fixeron vibrar o público que enchía a praza.
Biblos Clube de Lectores