Fixémolo.
Fixémolo namentres nos mirábamos.
Fixémolo cando falábamos.
Fixémolo no sobrado.
Fixemos o amor dende que nos vimos.
Salvaxe, puro, doce…nós.
” Reserva da Biosfera”
Moito aire, aire puro.
¡Non me gusta moi pasada!
Prefíroa crúa, coa sangue encarnada
forte e viva como ruxir da montaña
con salsa salgada, con grumos da resaca.
¡Ese menú porfavor!
No meu lugar, fiera con alma.

“Yo prefiero seguir buscando los defectos y los encantos de una dama golfa y valiente, verdadera como la guerra despeinada como la tierra y canalla como la gente, yo prefiero una compañera perfumada con la madera con el cuero y con la palabra.
Hembra, una mujer para mi debe ser mucho más que una hembra que desprecie la corbata y el Chanel y el dinero y la mentira solo por esa mujer valdrá mi muerte más que mi vida”
J.C Alonso
( Mirada con pensamento cómplice anunciado de longa vida…)

Teño tantas cousas que decir.
No tapiz algunha escribín
e co cheiro endemoniado sucumbín.
Entre a espada e a parede
a liberdade conmigo.
Non sei a onde vou
mais o amencer agarda por nós.
(Amencer: reencontro de puras almas)

Situación involuntaria, actitude curiosa, atrevemento desaforado e un chisco de picante…
Sempre con picardías sabe mellor 😉

Olguras nos pensamentos
debilidades en cada paso,
miopía nos sentimentos;
e logo está o aquí, o agora.
Vivir sen menospreciar,
citar en torno a frescura,
aliviar as forzas dos soños;
vivir aquí e agora, sempre vivir.
“Bombeo da sangue”
#TaniaYáñezCastro

“…yo escribo personas y se las dedico al poema de mi vida”
Esteban Belmonte

A praia, eu sen calzar
a brisa e os aloumiños do mar.
A lúa sorrinte,
ansiosos penedos que quentan o repouso dun bicar.
Os dous arroupados no deserto da paz
a salitre curiosa, os vivos desexos
dúas almas de amor, o libre amar.

Obxetos de papel, reciclaxe de suspiros
e no descanso das escaleiras mondas de desamor.
(Nota: Luns, baldear casa)
Soñándome de novo como cada día. 😊
