Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

NOROESTE día un: pesoume non chegar a tempo de ollar a Hormigonera no Campo dá Lenha. Si ollei en A Praza da Farinha (Praza Azcárraga) a Travis Birds, unha moza moi pándega a quen lle ponha unha banda pra acompanhar as súas cancións que lembran a Bebe, cun pop de guitarra rascallú con ese desenfado que aprendías das monxas no curso de guitarra que te daban ao saír da catequeses. Unhas letras mellores que as da ledamente desaparecida Bebe e unhas melodías de catro notas adxacentes con coidado de non caer ao abismo en alghún momento facer un ínterim  un pouco grande, non se nos vaia a ir a cousa das mans e saia unha melodía (xa non digo boa, senón simplemente unha melodía). A marabillosa Praza da Farinha (Azcarraga) chea ata enriba pra semellante artefacto aforado con cartos públicos, despois da gloria dos Planetas e o parvo do Montes ise que puxo a gravación o outro día na María Pita. Petardadas de calibre do gordo, xa non pra ouvidos pouco esixentes, senón pra orellas búnquer forradas dunha boa capa de formigón que lles permita aturar o que sexa. Se os iden os artefactos petardada coma istes, hoxe tedes máis con “Tiburona” en O Campo dá Lenha, unha banda de petardas traídas de Madrid porque o moderneo é así e os cartos públicos están pra iso. Afortunadamente, despois estarán no Campo dá Leña Zënzar e Meu pra esquecermos un intre a falla de xuízo ou idea algunha á hora de programar iste festival. Patax e Martha High prexasian o mesmo na Praza da Farinha (Azcárraga) e Lura e Salif Keita, que som sempre máis que benvidos a pesares doutro ano de desprezo (agás contadas excepcións) á música da cidade, tamén nos darán grandes momentos en Sta. Margarida. Si, hai algúns bos concertos no cartaz, mais iso non chega… e si… iso será en vindeiros episodios.

COMENTAS FACEBOOK

PREME NA LIGAZOM

https://www.facebook.com/photo/?fbid=10230269749279049&set=a.3278069481996

NOROESTE día dous: No remate do primeiro día Lura e Salif Keita estiveron fantásticos coma era de agardar. Na Farinha (Azcárraga), Patax a pesares da evidencia de non estar moi ensaiados, ían cuns arranxos e uns músicos top que liquidaron o papelame a moi bo nivel a par dando unha leción a quen se cre por enriba das “bandas de versións” por facere “temas propios”, amosando que unha versión pode ser máis creativa e orixinal que un “tema propio” se tes o concepto claro, amais de dar outra leción ás bandas de versións sobor coma facer as cousas (ollo que se trata de “concepto”…non fai falla facer arranxos sofisticados nin tocar a nivel estratosférico…que nos conhecemos).
O corpo non me deu pra máis ise día e vin menos do que quixese, mais o segundo día comezou con Lemot no Campo dá Lenha…unha banda supostamente da provincia da Crunha, mais disas que ninguén sabe de onde sae nin onde tocaron e xa están nos festivais e tenhen vinte vídeos polas redes…nada de interese musicalmente e apoio á industria unha vez máis, non ás bases. Na Farinha (Azcárraga) non podo ir á Garufa Blue Devils, un obrigado pra o Noroeste…as enerxías tampouco me dan pra voltar a Sta Margarida onde están Caamaño e Ameixeiras (unha das bandas imperdíbeis a nivel peninsular) aínda que a magoa é menor por velas dúas veces ultimamente…BCUC tamén prometía bos momentos, e Chambao…en serio Chambao? de verdade CHAMBAO???…en serio que non sei que pasa no mundo pra recuperar unha banda que era pra cunhados xa no seu momento…e tantos anos despois…en fin, non digo máis nin quero saber o que custou a cunhadez…fico de xeira entre Farinha (Azcárraga) e Campo dá Leña e comeza Virginia Rede na primeira praza…moita falla de rodaxe coma mínimo…se fosen da cidade entre outras corenta bandas da cidade entenderíao, mais con ista formulación volvo a non entender nada…chego tarde a Zálomon Grass, aínda que se intúe boa enerxía, bo directo e boas intencións….non vou máis aló aínda que os temas por internet parecen un pouco tópicos, mais faltoume velos ao vivo un bo intre para sabere realmente…e iden Kamikaze Helmets cunha ladaínha de tópicos (ista vez abertamente) de rock con melodías doadas a base de pentatónica, efectismos e volume…unha banda resultouna pra grandes eventos e público xeneral que non é suficiente e menos vindo de lonxe. Repión é un dúo sen interese musical, co que elixo Imägo na Farinha (Azcárraga), que resultan ser Inés e David de Eager Platypus. Respondendo ao esperado (unha vez caio quen está baixo ise nome)… tenhen moi claro o concepto de facer unha canción (parece babecada dicilo, mais non crean vostedes que abunda a moreas nestes tempos) e a voz de Inés é das que suma pontos a aquilo que aborda (hai por aí moita xente que canta ben…o problema é que pouca está en festivais (e nos bares xa non che digo nada) e así vai o nivel…e si…Inés canta moi ben). Parabéns, amigos…creo que isto se merece unha formación máis grande e que pode dar moitas ledicias.
Pérdome Soul Teller sen moita magoa, a pesares da boa banda que leva nos vídeos, porque o frontman non me remata de semellar de verdade (eiquí arrisco a errarme de novo a falla do directo).
O Castelo de San Antón segue sendo pouco alcanzábel pra min pola súa loxística e a minha pouca prognóstico ao andar eu no vrao sempre á espreita do gran de millo (aí había tamén cousas interesantes)…sobor a praia…ai, a praia…EU Á PRAIA NON VOU…coma dicían no filme Top Secret…”Caéuselle unha caca de conha”…conha marrinheirra…de verdade…Crystal Fighters estiveron no Náutico de San Vicente hai só dúas semáns e o resto parece aquilo do dereito de pernada…non me interesarían unha soa vez coma pra velos todos os anos. Os vindeiros días comentaremos o mellor de todo…a falla de planificación, a falla total de criterio (véndenme e eu cólloo), a falla de direción por alguén que SAIBA de verdade e tenha CRITERIO musical e a falla total de conciencia co que é o apoio á calidade e á cultura de bases, unida á falla de escrúpulos usando os cartos públicos pra enriquecer as bandas de poder de paquetes festivaleiros.

Puede ser una imagen de 2 personas, guitarra, altavoz, saxofón e iluminación

COMENTAS FACEBOOK

PREME NA LIGAZOM

NOROESTE día tres: É curioso, mais ás veces a total falla de respeito que se ten a prol da profesión musical neste país é doadamente perceptíbel en calquera conversa diaria. Se un físico ponse a comentar algo sobor os buracos negros ou a teoría da relatividade a ninguén se lle ocorrerá dicir que non está dacordo ou que o seu ponto de vista é erróneo. Di coma músico que tal canción é moi mala que ao momento sairá o alumeado de quenda esgrimindo algunha parvada do tipo de “o que ocorre é que aí conta máis a enerxía e o que che fai sentir” coma se o teu conhecemento e o teu oficio non che deixase percibir coa éxtase necesaria a grandiosidade do cheirume a rinoceronte descomposto que provén de tamanho obra de arte.
Istá moi ben, por iso e case sempre, tomar distanza e equiparar a música con profesións distintas ou con realidades doutro tipo pra decatarse de cantas ideas preconcibidas, inxustizas e unha infinidade de etcéteras máis se fan a diario con ela.
Así, calquera sabe que se un país adícase a importar todo o que necesita, faise insostíbel, mata a súa econhomía e remata na ruinha total…pois isto é exactamente o que ocorre coa música e o que leva facendo dende sempre nesta cidade coa total falla dun plan de apoio ás bases, a contratación foránea cando hai que contar con alguhén pra o que sexa e a conversión do FESTIVAL NOROESTE (creado pra dar a conhecer a música local) nun festival de música de fóra.
Tampouco nos vaiamos a confundir…o NOROESTE, cando era das bandas da cidade (a par coas súas cousas, trangalladas e problemas), era unha festa pontoal ao ano…apoiar a música de base é outra cousa e require milleiros de cousas máis que unha chiculatina anual, mais o caso é que agora xa nin un par de onzas.
O mercado de proximidade e, sobor todo, que os cartos públicos investidos na cultura reverte na cultura local é unha OBRIGACIÓN e estase facendo exactamente o envés.
Cando comezou a televisión privada neste país, púxose de condición un tanto por cento mínimo de produción propia obrigatoria ás cadeas, pra non só non arruinhar ao audiovisual nacional senón pra fomentalo. Nesta idea baseeime ao comezar a falar de porcentaxes mínimas nos festivais cando ninguén aínda o facía (si se falaba de maior inclusión mais non de porcentaxes mínimas). No caso das teles, amais, esixíuselles a empresas PRIVADAS…coma é posíbel que isto non se faga sequera hoxe en día na música co dinheiro público?.
Fico sen adxetivos…só repetir que se queres matar a túa música, só hai que darlle o apoio, o dinheiro e a visibilidade á de fóra. Agora xa sabedes o que estivestes facendo. (Na foto Patax na Praza da Farinha (Praza de Azcárraga).
May be an image of 4 persoas e texto
NOROESTE día catro: Por que New Orleans é New Orleans? Pensemos nunha auténtica cidade musical, con tradición, un público consciente e orgulloso da súa xente, locais programando a todas horas, medios de comunicación falando e en auxe, ou orgullo local: Galway, Río de Xaneiro, Nashville, Edimburgo, Nova Orleans… centrémonos no último pra non divagar de máis… Alguén imaxina que as festas de Nova Orleans só tenhen un 10% de bandas locais? É o 50%? Ponhamos coma exemplo un festival desta cidade (Nova Orleans ten 357.767 habitantes, A Crunha ten 247.322 e a súa área metropolitana é de 419.926… non estamos a falar de algo tan de Londres). O “Festival da Vecinhanza Francés” que se celebra no abril é un festival total de música e gastronomía da zona. Ao redor de 23 escenarios dispares, participan 1700 músicos na súa maioría locais e compleméntanse con formacións rexionais. Publicacións de eloxios pra a comida e a música locais en tódolos anacos. Non é o único festival coma dixen… “New Orleans Jazz & Heritage Festival” (abril e maio), varios artistas (de varios estilos e non só de Jazz) son nacionais, internacionais, rexionais e POR SUPOSTO SITUADO nunha gran maioría en máis de 500 actuacións en múltipeis táboas con postos de comida local e artesanía por todos os anacos… e seguemos… “Mardi Gras”, “Bayou Bachanal”, “Crescent City Blues & BBQ”, “Voodoo Music & Arts Experience”, ” Festival da esencia”… Paro, aínda que tenhen máis. As institucións e os medios teñen que dar visibilidade á cultura local e de calidade ou sempre estaremos a costa de INTERESES que nada tenhen que ver coa música real, coma produto de proximidade e apoio nin de nós, nin de todos. O Festival Noroeste debería ser totalmente local cun par de actuacións estranxeiras de calidade (ou que nada tenhan que ver cos “nomes”). Tamén necesitamos máis momentos durante o ano adicados á música e que se relacionen coa maior parte do que eiquí acontece. Queremos contribuír a ponher en valor e visibilizar non só coma facemos nas “cidades musicais”, que non som tan musicais por casualidade, senón. polo apoio de institucións, medios de comunicación e público de masas afeitos a iso e que vén por tradición porque as institucións e os medios sempre o apoiaron. Unha cidade musical non se consegue un día pra outro, senón que se consegue a medio prazo coa atitude correcta ensinándose. Por que New Orleans é New Orleans?…

COMENTAS FACEBOOK

PREME NA LIGAZOM

https://www.facebook.com/photo?fbid=10230470223330775&set=a.1845010696422

 

FRANK ASTRO

https://www.facebook.com/fran.castro.3994

 

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.